galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Deportes

viernes, 10 de noviembre de 2017
"O Concello do Grove organiza una nueva Semana Blanca"
[GALEGO]

 

 

Os mecos e mecas poderán esquiar en Andorra entre o 4 e o 9 de marzo do vindeiro ano.

 

Por segundo ano, o Concello do Grove organiza a Semana Branca que terá lugar entre o 4 e o 9 de marzo de 2018. Trátase dunha actividade que pretende facilitar a práctica de do esquí ou deportes de neve a persoas de diversas iades. O Concello financiará unha parte da viaxe, o que  permitirá que o paquete final poida ser adquirido por 490 euros.

 

O prezo inclúe 5 noites de aloxamento en réxime de media pensión; 5 días de “forfait Grandvalira” con acceso a todos os sectores, 10 horas de clases colectivas de esquí ou snow (2 horas ao día) con monitores profesionais na propia estación; 5 comidas en pista tipo menú express, 5 días de alugamento de material de esquí estándar; 6 días de seguro de viaxe e libre acceso ás zonas de relax da estación (piscina, sauna, jacuzzi, ximnasio...).

 

Esta actividade contou cunha grande aceptación o pasado ano, cando máis de vinte e cinco persoas participaron nela. Debido a esta gran demanda recoméndase a inscrición o antes posible, xa que as prazas son limitadas. A xestión de prazas realizarase a través da axencia de viaxes Vionta, situada no número 5 da rúa Alcalde Xacobe Barral do Grove.

 

 

agenda

calendario
mes anterior noviembre | 17 mes próximo
LMXJVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss