galego | español
texto grande
buscar

Agenda

BASES CONCURSO CARTELES DA LX FESTA DO MARISCO

Comezo: sábado, 17 de septiembre de 2022
Remate: lunes, 3 de octubre de 2022
"BASES CONCURSO CARTELES DA LX FESTA DO MARISCO"
[GALEGO]

O Concello do Grove convoca o concurso de carteis para elixir o que anunciará a LX edición da Festa do Marisco

 

1ª)O cartel ten que levar preferiblemente, de xeito que se aprecie, o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola coa cunca) ou similar e as datas nas que terá lugar a seguinte festa (do 5 ao 15 de outubro de 2023), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove” e a edición e ano correspondentes.

2ª)As medidas do cartel serán de 30 x 45 cm, en sentido vertical e horizontal. E dicir, deberá presentarse unha versión en vertical e outra en horizontal.

 

3ª)O xurado é nomeado polo Concello do Grove e poderá actuar como tal a Xunta de Goberno Local ou o Consello Local de Turismo. O ditame será inapelable, aceptando os participantes as presentes bases polo feito de participaren.

 

4ª)A entrega do cartel impreso irá acompañada dun sobre pechado, dentro do que terá que constar o nome completo, dirección, teléfono e correo electrónico do concursante, así como dunha copia en dixital que conteña o bosquexo do cartel. As propostas que non resulten elixidas poderán ser recollidas polo autor/a no Concello do Grove. Cada concursante só poderá presentar unha proposta. As propostas deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello do Grove antes das 14:00 h do día 3 de outubro de 2022.

 

5ª)O bosquexo gañador terá un premio de 600 euros.

 

6ª) A persoa premiada deberá adaptar o cartel a diferentes medidas que lle solicite o Concello, sen custo para o Concello.

 

7ª)A persoa premiada cederá tódolos dereitos de publicación, tanto do cartel coma calquera outra forma de impresión para programas e folletos, ao Concello do Grove.

 

8ª)A persoa premiada estará obrigada a presentar unha declaración responsable de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias (Estado, Comunidade Autónoma e Administración Local) e coa Seguridade Social, de conformidade co previsto no artigo 24.4 do RLXS.

 

DOCUMENTO BASES

 

Mais Información: alcaldia@concellodogrove.es

Presentación online como instancia xeral en:

concellodogrove.sedelectronica.gal/

 

 

Exemplos:

 

 

 

 

 

 

Webcam en Directo

agenda

calendario
mes anterior diciembre | 22 mes próximo
LMXJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss