galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

mércores, 11 de outubro de 2017
"O Concello do Grove mellora a xestión estatística da Festa do Marisco"

 

Os datos recollidos este ano permitirán coñecer a procedencia dos visitantes da Festa.

 

Dentro dos cambios e melloras que se teñen acometido nas tres últimas edicións da Festa do Marisco, este ano puxéronse en marcha modificacións no relativo á xestión dos datos de vendas e de caixa da Festa do Marisco. Trátase de pequenos cambios que, porén, teñen un importante valor para a correcta xestión do evento e para a organización da súa publicidade e promoción.

 

Deste xeito, ás persoas que se acheguen á caixa central da Festa solicitaráselles o seu código postal, feito que permite contar con datos directos da orixe dos visitantes. Desde o 5 de outubro, día en que comezou a festa, atopámonos con que o maior número de visitantes procede, por esta orde, da Coruña, Pontevedra, Madrid, Portugal, Barcelona, Asturias, Ourense, Alacante e León. Desde a perspectiva internacional, ademais dos portugueses xa mencionados en primeiro lugar, atopamos Alemaña, Inglaterra, Francia e Reino Unido como os que máis visitaron a Festa.

 

Ademais do anterior, faise unha criba dos datos que achega como referencia da evolución das vendas o número de racións e separa, polo tanto, as bebidas, que son contabilizadas de xeito diferenciado, xa que non proporcionan información tan clara do número de visitantes que se achegan ao evento. Ademais do relativo ao número de racións vendidas, en canto á recadación é importante o dato de que o domingo 9 de outubro se pechou cunha cifra que superaba a metade do vendido na anterior edición da Festa, polo que, unha vez máis, se amosa a evolución positiva do principal evento gastronómico de España.

 

Datos das vendas ata o 9 de outubro>

 

axenda

calendario
mes anterior outubro | 17 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss