galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Lingua

luns, 6 de novembro de 2017
"O Concello do Grove oferta novos cursos de lingua galega "

 

 

As clases comezarán o luns 20 de novembro e servirán para preparar as probas Celga 2018.

 

A matrícula xa está aberta para inscribirse nos cursos de galego gratuítos dirixidos a persoas maiores de 16 anos convocados polo Concello do Grove. O Servizo de Normalización Lingüística municipal é o encargado de impartir estes cursos dun total de 70 horas lectivas, distribuídas en clases de unha hora e media de duración dous días á semana. As clases están deseñadas desde unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que a elas poden acudir tanto persoas galegas como estranxeiras.

 

O fin primordial desta actividade é realizar unha formación que permita obter os Cerficados de lingua galega (Celga), aínda que tamén son válidos para adquirir, aumentar ou mellorar os coñecementos sobre o idioma propio de Galicia.

 

O prazo de inscrición nestes cursos remata o vindeiro 17 de novembro e as clases comezarán o luns 20 deste mesmo mes, preferiblemente en horario de mañá, malia que non se descarta que haxa un grupo de tarde de existir demanda suficiente ao respecto. As prazas están limitadas a 20 persoas por grupo.

 

Información e inscricións no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove, situado no baixo da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, no teléfono 986 733 190 (de 9.00 a 14.00 h) ou enviando un correo electrónico a

normalizacionlinguistica@concellodogrove.com

 

 

axenda

calendario
mes anterior novembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss