galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

martes, 5 de decembro de 2017
"O Concello do Grove acolle hoxe un ciclo de curtas sobre a violencia de xénero"

 

 

Dentro das actividades vinculadas ao 25 de maio a proxección realizarase hoxe, martes, na sala das Cunchas do Concello.

 

A Sala das Cunchas do Concello do Grove acollerá mañá a partir das 20.30 horas un ciclo de curtas en torno á temática da violencia de xénero. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do amplo programa desenvolto polo Concello para concienciar e reivindicar a erradicación deste tipo de violencia. Estas curtametraxes, algunha delas recoñecidas con diversos premio, pretenden concienciar sobre os distintos tipos de malos tratos, físicos, psicolóxicos ou emocionais así como sobre os estereotipos que rodean a muller e que, con frecuencia, contribúen a perpetuar a súa discriminación ou a violencia exercida sobre ela.

 

Nas curtametraxes seleccionadas abordaranse distintos tipos de violencia exercidos sobre a muller polo feito de selo e que van desde o acoso laboral ata os malos tratos propiamente físicos e emocionais, pasando polos modelos de vida e estereotipos que habitualmente se lles atribúen exclusivamente ás mulleres ou fenómenos como a trata de brancas, entre outros temas.

 

Programa>

 

axenda

calendario
mes anterior decembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss