galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Comercio

luns, 14 de maio de 2018
"O Concello do Grove convoca un novo concurso para os locais de emprendemento do mercado municipal"

A publicación das bases realizarase nos vindeiros días.

 

A Xunta de Goberno Local da pasada semana aprobou as modificacións para a saída a concurso dos tres locais de emprendemento que inda quedan dispoñibles no mercado municipal. Lembramos que estes espazos están pensados para facilitar a creación de novos negocios  e que contan cun sistema de funcionamento que permite que o primeiro ano a concesión non teña custo para os emprendedores, e o seu prezo en posteriores é anos moi reducido.

 

Nunha primeira convocatoria adxudicáranse catro dos seis locais dispoñibles, pero finalmente unha das propostas presentadas non foi posta en marcha e quedaron de novo tres espazos para a súa saída a concurso. As bases esixirán os mesmos requisitos que na primeira convocatoria, primándose aqueles proxectos innovadores e que, sendo compatibles coa actividade do mercado, supoñan unha diferenza cos negocios existentes neste.

 

As bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia os vindeiros días e tamén estarán á disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello a través do perfil do contratante. Na baremación de méritos priorízase contar con formación reglada, ter participado en obradoiros de emprego, ser mozo ou moza menor de 35 anos ou maior de 45 anos, etc. Tamén se lles outorga puntuación adicional aos desempregados de longa duración.  O obxectivo destes espazos é dobre, ao permitir dinamizar o propio mercado e permitir facilitar a posta en marcha de novos negocios que xeren emprego na localidade.

axenda

calendario
mes anterior outubro | 18 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss