galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Rede de Bibliotecas do Grove

xoves, 27 de decembro de 2018
"A biblioteca do Grove traslada temporalmente parte das súas actividades e servizos para facilitar o acondicionamento das instalacións"

 

As obras, cuxo remate está previsto cando rematen as vacacións do Nadal, redundarán nunha mellor habitabilidade e comodidade das persoas usuarias do edificio.

 

Por mor das obras de mellora e posta a punto que se están a desenvolver na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, comunícaselles ás persoas interesadas e usuarias deste edificio municipal que os obradoiros matinais de Nadal para nenas e nenos se trasladan á antiga escola infantil do Monte da Vila, onde se seguirán realizando ata o final das vacacións, o día 7 de xaneiro. Por outra banda, para garantir a comodidade e mellorar a concentración do estudantado local, habilitarase unha sala de estudo provisional no segundo andar do edificio administrativo municipal (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3), atendida polo persoal da Rede de Bibliotecas do Grove, onde tamén se poderán devolver os libros que actualmente están prestados.

 

O Concello do Grove agradece a comprensión das persoas usuarias e pide desculpas polas molestias que estes cambios de localización poidan ocasionarlles.

 

Cómpre indicar que, non obstante, que as demais actividades programadas para estas datas na casa da cultura meca non cambian de lugar. Así, mañá venres 28, ás 18.00 h, entregaranse neste espazo os premios aos mellores lectores do ano e, a seguir, gozaremos co espectáculo Ledicia, a cargo do Mago Paco. O día 2 de xaneiro, a partir das 16.00 h, estará tamén alí o Carteiro Real para recoller as cartas que as nenas e os nenos do Grove lles escribiron aos Reis Magos coas súas peticións e, finalmente, o venres 4 de xaneiro, ás 1130 h, Baobab Teatro deleitará a rapazada de 1 a 7 anos co seu espectáculo de dinamización lingüística Puño, puñete.

axenda

calendario
mes anterior marzo | 19 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss