galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

luns, 11 de febreiro de 2019
"Charla informativa sobre os programas Galeuropa e Iniciativa Xove"
foto

 

A OMIX informa dunha charla informativa sobre dous programas dirixidos á mocidade. Terá lugar o vindeiro luns 18 de febreiro ás 5 da tarde na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

Trátase, por unha banda, do Programa GALEUROPA de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, cuxo obxectivo principal é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais co resultado final de mellorar a formación e a adquisición de experiencia para a inserción laboral.

 

Pola outra, falarase sobre Iniciativa Xove, programa que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

 

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.

 

Estas axudas, que poden chegar ata os 5.000 € poden ser solicitadas por:

  • Grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil. Deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique.
  • Asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións.

Máis información na web: xuventude.xunta.es e na OMIX do Concello do Grove (2.º andar da Casa do Concello). Tel.: 986 730 609. omix@concellodogrove.es

 

 
Galería:
 

axenda

calendario
mes anterior agosto | 19 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss