galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Benestar Social

luns, 15 de abril de 2019
"O Concello do Grove celebra a Festa dos Maios 2019"
foto
portada

 

O Concello  do Grove vai celebrar o concurso da Festa dos Maios 2019 cuxas bases serán aprobadas na próxima Xunta de Goberno Local.

 

O concurso terá lugar o mércores 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen.

 

Quen queira participar pode realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h, e poderá concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.

 

Cada participante recibirá 30 euros por participar e, así mesmo, estableceranse tres premios en cada una das categorías: un primeiro premio de 150 €, un segundo de 100 € e un terceiro de 50 €, nas categorías de Maios tradicionais e Maios Artísticos. Na categoría de Coplas e Interpretacións os premios serán de 80, 50 e 30 euros.

 

O Concello do Grove instalará xogos populares e a xornada estará a amenizada polos “Sons da Rúa” da Asociación Paradanda-Mecos.

 
Galería:
 

axenda

calendario
mes anterior xuño | 19 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss