galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Economía e Facenda

xoves, 9 de maio de 2019
"O Concello do Grove tivo que aboarlle case 63.000 euros a Portos de Galicia polo uso dos seus terreos"

 

O Concello do Grove considera que se están aboando taxas polas que Portos non presta nin o máis mínimo servizo.

 

Esta mesma semana confirmáronse os datos finais de pagamentos á entidade portuaria. En total, durante 2018, foron aboados polo Concello do Grove 59.818 euros, dos cales a práctica totalidade xa foron efectivos (a falla dunha liquidación de 3.000 euros do mercado municipal).

 

Nesta cantidade inclúese un pago anual de 1.115,54 euros pola Casa da Terceira Idade; 25.374 euros polo Mercado Municipal e uns gastos mensuais variables pola celebración do mercado dos venres que este ano supuxo 14.496 euros, xa que se tivo especial coidado en reclamar os días de non celebración por choiva e outros motivos que, por sistema, Portos incluía. No relativo ao Pavillón Naútico, este ano só se aboou o primeiro semestre por un total de 1.101,73 euros, xa que se ten tramitado unha reclamación polo uso social deste espazo e que, polo tanto, non debería contar con taxa de Portos.

 

Ademais destes gastos fixos que se aboan semestralmente, Portos de Galicia pasou recibo de 4.821, 00 euros pola celebración das Festas do Carme, cantidade que aboa o Concello. De feito, estes gastos refírense á ocupación do Corgo coas atraccións, pero tamén se incluíu outro cobro de 73,40 euros polos lanzamento dos fogos desde o Porto. A Festa de San Martiño tivo un custo de 528,48 euros e a Festa do Marisco tivo que adicar 12.317 euros do seu orzamento a pagar polo uso dos terreos do Corgo.

 

Desde o Concello do Grove reitérase a queixa destes cobros abusivos e pouco transparentes, de feito nunca se conta cunha previsión exacta do que se paga polas festas, por exemplo, e incídese no feito de que estes gastos non repercuten en absoluto na vila, xa que a limpeza, o mantemento e o pago de iluminación da zona esta sendo asumida polo municipio. Deste xeito, resulta urxente que a tan anunciada comisión de traballo sobre as solicitudes de desafectación que O Grove e outras vilas teñen presentado se pronuncie o antes posible para solucionar este gravísimo problema.

axenda

calendario
mes anterior maio | 19 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss