galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

martes, 11 de xuño de 2019
"Éxito de participación na convocatoria da Bienal do Simposio de Escultura da Festa do Marisco 2019"

 

Presentáronse 33 proxectos procedentes de máis de vinte países.

 

A consolidación da atracción do Simposio de Escultura da Festa do Marisco confirmase en cada convocatoria. Tras pecharse o período de presentación de proxectos o pasado venres, foron 33 as propostas recollidas no Concello sendo especialmente rechamante a diversidade de nacionalidades das que estas proceden. Deste xeito, ata O Grove chegaron os deseños de artistas de Bulgaria, Montenegro, Irán, México, Ucraína, Arxentina, Portugal, Macedonia do Norte, Gran Bretaña, Rusia, Italia, Bielorrusia, Xeorxia, Xapón, Canadá, Polonia, Taiwán, Xapón, Corea do Sur, Francia ou Bélxica, ademais, por suposto, de varias propostas de España.

 

Agora será o xurado profesional, composto por escultores e críticos de arte, o que deberá dirimir cales destas obras serán as tres que, desde unha semanas antes do comezo da Festa do Marisco en outubro, traballen ao aire libre na zona de Beiramar para facer reais as súas propostas en granito galego. Este simposio chega este ano á súa V edición como bienal, sumando obras escultóricas de grandísimo nivel ao patrimonio local desde que comezara, ao principio con carácter anual, no ano 1990.

 

A previsión é que o xurado se reúna nas vindeiras semanas para poder organizar a gran loxística que supón poñer en marcha este importante simposio.

 

BASES>

axenda

calendario
mes anterior xuño | 19 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss