galego | español
texto grande
buscar

Noticias

CIM

venres, 9 de agosto de 2019
"O Concello do Grove programa dúas novas actividades dirixidas ás mulleres"
foto

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello do Grove oferta para este mes de agosto dúas actividades destinadas ás mulleres da vila e visitantes.

 

O vindeiro mércores 14 comezará a actividade ‘Mulleres e natureza’, que consistirá nunha pequena parte de andaina e unha segunda parte de creatividade na natureza. O obxectivo é crear un espazo de bo trato cunha mesma, coas demais e coa natureza, por iso fomentarase a autoescoita, a creatividade, o encontro con outras mulleres e o respecto do medio. Realizarase os mércores 14, 21 e 28 e sairase ás 11 da mañá desde o CIM.

 

Outra actividade para este mes será o ‘Obradoiro de introdución ao uso da internet para o empoderamento das mulleres’. Hoxe en día a internet é unha ferramenta básica de acceso ao coñecemento e a recursos sociais, laborais, sanitarios, de ocio e tempo libre para as persoas. O obxectivo desta actividade é achegarlles este recurso ás mulleres para unha maior autonomía e desenvolvemento nos diferentes eidos das súas vidas. Neste caso, a acción formativa terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey os venres 22 e 29 de agosto, de 11.00 a 14.00 horas.

 

Para as dúas actividades será necesaria inscrición previa no CIM, ben chamando ao teléfono 986 730 900, ben enviando un correo electrónico a cimigualdade@gmail.com.

 

Así mesmo, este mes o CIM colaborará tamén co Campamento de Verán do Concello a través dunha actividade de fomento da igualdade no tempo de lecer.

 
Galería:
 

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss