galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Seguridade

venres, 19 de xuño de 2020
"O CONCELLO REABRE OS PARQUES TRAS COMEZAR O PROGRAMA DE DESINFECCIÓN"
foto

 

Incídese na responsabilidade individal e no control dos país e das nais para cumprir as medidas decretadas sobre estes espazos.

 

Tal e como informou o Concello do Grove nos pasados días, as instrucións da Xunta de Galicia sobre a apertura dos parques infantís deixaron a totalidade da responsabilidade nos municipios determinando normas imposibles, como a desinfección continúa destes espazos, así como de calquera outro parque de lecer. Sen que existan fondos adicionais para este fin, ningún municipio conta con recursos suficientes para lle facer fronte a unha medida que supón un gasto moi elevado. Deste xeito, o Concello leva traballando en organizar este aspecto dende que se produciu esta comunicación da Xunta.

 

A partir de hoxe, a dinámica aplicada será a desinfección correspondente a primeira hora da mañá, antes dos primeiros usos dos parques ou da pista de skate —o que fai un total de 13 espazos— seguindo as instrucións hixiénicas existentes a este respecto. Desta limpeza e desinfección, que se realizará todos os días de hoxe en diante, vaise encargar o persoal municipal de Emerxencias, que conta con especialización abonda nestas funcións, e centrarase especialmente nos elementos de xogo onde a rapazada adoita facer máis contacto.

 

Ademais diso, as normas dos parques serán actualizadas e contarán con instrucións claras no tocante á obrigatoriedade do emprego de máscaras a partir dos seis anos e aconsellando o seu emprego entre os tres e seis anos. Tamén se establece a necesidade de manter a distancia de seguridade de dous metros entre todas as persoas usuarias, ao tempo que se lembra a idoneidade de empregar xel hidroalcólico, que deberá ser de uso individual. O Concello do Grove non colocará dispensadores de xel hidroalcólico en cada un dos parques, xa que esta medida suporía un gasto de arredor dos 12.000 euros, algo que non resulta viable nin adecuado para este fin (sendo prioritario en espazos pechados), e considera asumible que cada persoa poida dispoñer deste tipo de medios de protección propios.

 

Todas estas normas e directrices inciden nunha mensaxe común de especialistas e institucións, a importancia da responsabilidade individual para lle facer fronte adecuadamente ao grave problema do coronavirus. No caso concreto dos parques e zonas de lecer onde xogan menores é fundamental a responsabilidade de pais e nais ou responsables nese momento do neno ou da nena. Dende o Concello pídese a colaboración cidadá e moito sentido común para que se poidan voltar a ocupar este tipo de espazos con seguridade e tranquilidade.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss