galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Rede de Bibliotecas do Grove

luns, 18 de outubro de 2021
"AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE ACADAN O MÁXIMO RECOÑECEMENTO A NIVEL NACIONAL"

 

A biblioteca foi galardoada cun dos 10 premios especiais do María Moliner 2021 polo programa “A biblioteca, un punto de apoio para a comunidade”.

 

A puntuación obtida sitúaa entre as 10 mellores de toda España e a mellor de Galicia.

As actividades de dinamización lectora desenvolvidas na biblioteca municipal do Grove acadan o máximo recoñecemento a nivel nacional. O programa de dinamización lectora “A biblioteca, un punto de apoio para a comunidade” desenvolvido en 2021 acada o maior recoñecemento no Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner, o que supón un aporte económico de 10.000 € para a biblioteca.

En virtude do apartado undécimo, punto 2, da orde de convocatoria, os dez proxectos coas puntuacións máis altas serán propostos como beneficiarios dos dez premios en metálico de 10.000 euros e, nese sentido, o proxecto da biblioteca municipal do Grove foi proposto pola comisión de valoración como beneficiaria dun destes dez premios especiais.

O programa premiado foi desenvolvido pola biblioteca durante os seis primeiros meses do 2021 co obxectivo principal de garantir a utilidade da biblioteca á comunidade e o seu papel como facilitadora de servizos de lectura, de información e de entretemento pero, sobre todo, de apoio emocional e social.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss