galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Lingua

martes, 26 de outubro de 2021
"O CONCELLO DO GROVE OFRECE DÚAS NOVAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA O VINDEIRO MES DE NOVEMBRO"
foto

 

O obxectivo é fomentar o uso da lingua galega dun xeito participativo e divertido, especialmente entre a xente nova.

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove, a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, traerá en novembro ata a vila meca dúas novas actividades para promover o uso do galego entre a veciñanza.

 

A primeira delas terá lugar o venres 5 de novembro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e leva por título “Sabios, xogos e xograres. Xogos medievais para os tempos actuais”. Esta actividade, pensada para conmemorar este ano o oitavo centenario do nacemento do rei Afonso X, consiste nunha amena presentación da obra lúdica do Rei Sabio, de xeito que tanto a xente nova como a máis maior poida coñecer de maneira práctica o legado que deixou o sobranceiro monarca no seu Libro dos Xogos: Xadrez, Dados e Táboas a través dunha achega a xogos hoxe en desuso e que nalgúns casos deron lugar a variantes doutros xogos ben coñecidos na actualidade. Así pois, poranse á disposición das persoas participantes máis de trinta taboleiros que permitirán xogar 2 ou 4 persoas simultaneamente en cada un.

 

Xusto unha semana despois, o venres 12 de novembro, no mesmo lugar e á mesma hora, a compañía Teatro de Ningures presentaranos O Ogrocho, unha obra para público infantil e familiar protagonizada por un pequeno ogro de seis anos que descobre as características que o diferencian do resto do alumnado cando comeza o colexio. Coa súa forza extraordinaria e a terrible herdanza de ogro, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos e parecerse aos demais. Para iso terá que superar varias probas. Esta peza teatral aborda moitos e variados conceptos, como a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral etc., para amosarlles aos nenos e ás nenas a complexidade de ser persoa.

 

A entrada para ambas as actividades será de balde, mais a capacidade é limitada, polo que cómpre inscribirse previamente na Biblioteca Pública Municipal do Grove (de luns a venres, de 10.00 a 13.30 h e de 16.00 a 20.00 h), no teléfono 986 732 341, a través do correo electrónico biblioteca@concellodogrove.es ou nas redes sociais da Rede de Bibliotecas do Grove.

 

Durante o desenvolvemento destas actividades respectaranse as medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss