galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

xoves, 23 de xuño de 2022
"O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A X EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY"

 

O Grove, 21 de xuño de 2022.- O Concello do Grove, co patrocinio da Deputación de Pontevedra,  convoca a décima edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €.

 

Neste nova edición do certame pode participar calquera persoa maior de idade que presente unha obra figurativa, inédita e orixinal da súa autoría, cunhas dimensións comprendidas entre  60 x 50 e 150 x 150, realizada con técnica libre. A temática terá que estar relacionada co paisaxe natural e urbano do Grove e as súas xentes.

 

Todas e todos os interesados en participar, poden facer a súa inscrición aportando unha fotografía da obra en formato dixital acompañada da folla de inscrición que pode descargarse na Web municipal (www.concellodogrove.es), ata o 30 de setembro de 2022, no correo electrónico casadacultura@concellodogrove.es ou a través do enderezo postal Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, Monte da Vila, 11, CP 36980 O Grove (Pontevedra).

 

Un xurado composto por profesionais do mundo da arte, realizará unha preselección que se  comunicará ás persoas interesadas no mes de outubro. Os artistas seleccionados deberán enviar as súas obras que formarán parte da exposición do concurso e do ‘Catálogo 2022’. De esa preselección sairá a obra gañadora do 2022.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xullo | 22 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss