galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

venres, 21 de outubro de 2022
"ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN A Escola de Música Municipal José Silva Torres"

O CONCELLO DO GROVE ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

 

O Concello do Grove informa de que o luns, 24 de outubro comeza o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal José Silva Torres. A previsión é de que o curso se desenvolva entre novembro  e xuño do ano próximo.

Este curso levarase a cabo por primeira vez na Escola de Música, que se encontra dentro da edificación do Auditorio, recentemente inaugurado, o que suporá unha notoria melloría na calidade das clases, así como no confort de alumnos e profesorado.

A escola de música oferta clases adaptadas por idade, contando con música en movemento, teoría musical, e gran variedade de instrumentos, tales como piano , violín , guitarra, violonchelo, ou percusións , ampliando a oferta a instrumentos como canto, acordeón, laude, bandurria, etc

A escola de música pretende fomentar o coñecemento e apreciación da música entre os seus alumnos, ofertando unha formación ampla e diversa, fomentando entre o alumnado a súa participación en formacións tanto vogais como instrumentais.

Trátase de unha actividade con moi boa acollida dende os seus inicios e que ten unha gran demanda, o que indica a alta sensibilidade artística que hai no Concello de O Grove.  Ademáis a  estrea das instalacións da Escola de Música no Auditorio Municipal, facilitará a asistencia dos rapaces, por contar con instalacións más amplas e pensadas específicamente para a docencia musical.

 

O prazo de inscrición comeza o luns 24 de outubro e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo na seguinte ligazón :

 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN CURSO 2022-2023 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 22 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss