galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

luns, 31 de outubro de 2022
"O CONCELLO DO GROVE OFRECE UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA O MES DE NOVEMBRO "

 

📌 O Grove, 31 de outubro de 2022.- O Concello do Grove ofrecerá este mes de novembro unha completa programación cultural con actividades para todos os públicos e idades. As actividades desenvolveranse, principalmente, na Rede de Bibliotecas e no Auditorio do Grove.

 

  📕📘Rede de Bibliotecas

 

👉 O venres 4 de novembro o programa FalaRedes achegará á Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo “Caderno de cores e cancións” de Magín Blanco, recomendado para público familiar e infantil a partir de 3 anos. Para participar será necesaria inscrición previa.

 

 

👉 O 18 de novembro na Axencia de Lectura de San Vicente, realizarse unha actividade para a rapazada de 5º e 6º de Primaria do CEIP As Bizocas, a cargo do persoal bibliotecario.

 

O mesmo 18 de novembro, na Biblioteca Municipal do Grove, a partir das 17.00 h e dentro do programa “Coñecendo e gozando a biblioteca”, organizarase unha sesión especial para a rapazada de 5 a 7 anos. As prazas son limitadas, polo que será necesario inscrición.

 

👉 O 25 de novembro a biblioteca Municipal do Grove, acollerá o obradoiro creativo “Okimoto cativo”. A primeira sesión dará comezo ás 17.00 h e está dirixido á rapazada de 5 a 7 anos, a segunda sesión comezará ás 18.30 h para a rapazada de 8 a 12 anos. As prazas son limitadas, polo que é necesaria inscrición previa.

 

👉 O sábado 26 de novembro, ás 17.00 h Kids & Us ofrecerá unha sesión de Story Times para bebés. Tamén neste caso será necesario inscrición previa.

 

👉 Así mesmo durante todo o mes de novembro, o público poderá seguir visitando a exposición “Orixes, Fondo antigo da Biblioteca Municipal”, con obras como “Antologia de Prosistas Castellanos” de Manuel Méndez Pidal de 1899, “La Baraúnda” de Ramón Sempau de 1904, “Anduriña” de Jaime Solá de 1917 ou “El alma de la aldea ”de Jaime Solá de 1918. Así mesmo, na exposición tamén se atopan os primeiros libros en galego conservados no fondo da Biblioteca como “O Globo de papel” de Elisa Vives de Fábregas, Editorial Galaxia 1966; “Contos para nenos” de Laureano Prieto, Ed. Galaxia 1968; “Merlín e Familia” de Alvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia 1968.

 

🎭🎶🎩Auditorio Municipal  

 

Durante o mes de novembro despregarse unha intensa actividade cultural no Auditorio:

 

👉 O 5 de novembro, ás 20.30 h, poñerase en escena a obra “Smoke on the Water” a cargo de Ibuprofeno teatro.

 

👉O 13 de novembro, chegara ao auditorio a comedia “Feminíssimas” a cargo de Ste. Xeito Producións. As entradas poderanse adquirir os días 7 e 8, de 10.00 a 13.30 h na Casa da Cultura e o día 13, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 h no auditorio Municipal.

 

👉 O 19 de novembro, a partir das 18.00 h, celebrarase no Auditorio Municipal o VI concerto solidario a favor da Asociación Anduriña, organizado polos Firrás coa colaboración do Concello do Grove e de varias agrupacións musicais.

 

👉Xa, para rematar, o 26 de novembro poñerase en escena “O Porco de Pé”, dirixida por Quico Cadaval. As entradas poderanse adquirir na Casa da Cultura e no propio auditorio.

 

🎈🎈🎈 Festa de San Martiño

 

👉As actividades completaranse coa celebración da tradicional Festa de San Martiño os días 10, 11 e 12 de novembro.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss