galego | español
texto grande
buscar

Noticias

mércores, 9 de novembro de 2022
"Abre o prazo de confirmación da matrícula de Educación Infantil (0-3)"

 O Concello de O Grove prosigue a traballar nas xestións que permitan dar unha solución de conciliación ás familias que quedaron sen praza na Escola Infantil de Rons, facendo todos os traballos precisos para por en marcha un Punto de Atención á Infancia, nas instalacións do coñecido como “Colexio das Monxas”. Unha vez feitos todos os informes, e acondicionado o local, estanse a facer todos os trámites para poder dar inicio a actividade do PAI.

 

No mes de Xullo fíxose unha pre-matrícula. E agora, ábrese un prazo de confirmación da mesma, para que todas as familias que fixeron pre-matrícula, confirmen a praza para o curso 2022-2023. Unha vez rematado o período de confirmación, abrirase un prazo de matriculación para cubrir as prazas vacantes, en caso necesario.

 

Recordamos que o Punto de Atención á Infancia, acollerá 20 crianzas, de 0 a 3 anos, de xeito unitario. O horario total de apertura do centro será de 8 a 16 horas, de luns a venres, e permitirá a opción de servizo de comedor para as familias interesadas, con un servizo de catering externo.

 

O prazo de confirmación de matrícula comeza o xoves 10 de novembro, ata o día 17 do mesmo mes, e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo na seguinte ligazón:

FORMULARIO MATRICULA

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 23 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss