O Concello do Grove, a través do Centro de Información ás Mulleres e o centro de sexoloxía "Con mucho gusto", está a desenvolver un programa de actividades de educación sexual para a infancia e adolescencia en todos os centros de educación primaria e secundaria do Concello. O proxecto, financiado polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, desenvolverase ao longo do curso escolar 2022-2023 e levarase a cabo en tres fases. Compartimos a información referida á primeira fase do programa de actividades.