galego | español
texto grande
buscar

Axenda

Obradoiro Pedagoxías Queer: sexos, xéneros e desexos disidentes en educación

Comezo: xoves, 16 de novembro de 2017
Remate: xoves, 16 de novembro de 2017
"Obradoiro Pedagoxías Queer: sexos, xéneros e desexos disidentes en educación "

Lugar: Confraría de Pescadores e Mariscadores San Martiño do Grove

Hora: 17.00-20.00 h

 

Comezan as Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato. Primeiro dos obradoiros: Pedagoxías Queer: sexos, xéneros e desexos disidentes en educación,

 

Quedan poucas prazas, mais aínda estás a tempo! Cal o obxectivo principal deste obradoiro? Problematizar o sistema de oposicións dual e o réxime de normalidade que expulsa subxectividades e identidades disidentes. Procuraremos comprender os efectos que binomios tales como home-muller, masculino-feminino, homosexual-heterosexual, teñen nas nosas biografía, abordando para elo as posicións desiguais de poder en que se sustentan e/ou a que dan lugar. Asemade, trataremos de visibilizar e de poñer en valor formas posibles de resistencia a ditos mandatos. E para saber máis... procurarase facer da experiencia subxectiva fonte de coñecemento pedagóxico. A través de diferentes dinámicas buscaremos facer unha lectura do corpo simbólico, tratando de recoñecer o impacto que certos organizadores sociais teñen na lexitimación ou deslexitimación da diferencia. A partir de materiais audiovisuais e da representación de diversas situacións de conflito (próximas ás participantes), trataremos de elaborar conxuntamente posibles vías de resolución encamiñadas ao empoderamento, ao orgullo e á autonomía. Como o faremos? A metodoloxía empregada vincúlase ao teatro social (teatro da Oprimida) e ten como principios a simetría de saberes, a bidireccionalidade e a multidimensionalidade das problemáticas relacionadas coa cuestión dos sexos, xéneros e desexos diversos. A través de diferentes actividades promoveremos a participación activa e a corresponsabilidade na construción colectiva do saber con base no acontecemento. Quen o dinamiza? Rubén González Otaola: educador social especializado en intervención comunitaria con menores e educación de rúa, coordinador de Tempo Libre. Miguel Salas Soneira, educador social, profesor e doutor en educación na UOC. Inscricións (antes do luns 13 de novembro) e info: dinamizacim@gmail.com ou 986730900 Se precisas servizo de conciliación para asistir ás actividades, infórmanos do número de nenxs e idades. No caso de querer certificado de asistencia achéganos o teu nome completo e o nº de DNI.

Máis información>

 

axenda

calendario
mes anterior novembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss