A Concellaría de Igualdade programa a través do Centro de Información ás Mulleres unha serie de actos culturais en torno ao día do orgullo LGTBIQA .
O obxectivo é darlle visibilidade ás diversas identidades de xénero ou, en palabras da directora do documental Persoas SA, Carmen PG Granxeiro “realidades por moita xente descoñecidas e é dende ese descoñecemento que o medo, a violencia, a discriminación e a intolerancia rebélanse como respostas inxustas, para quen as recibe pero tamén para quen as xera. A educación e a comunicación son parte fundamental para erradicar un problema social, o das fobias, que nos afecta a todas as persoas que vivimos en sociedade, en comunidade”.
Escolleuse para esta programación o lema “O Grove con orgullo” para remarcar a importancia de sentirmos o orgullo de ser quen somos, sen reducir a nosa definición como persoas a unha etiqueta sobre a nosa identidade de xénero ou a nosa orientación sexual, destacando a importancia de centrarnos nas persoas e na vida. Porque como ben di Niko Elsker, as realidades sociais constrúense a través da transmisión oral, do que nos contamos e do que contamos a outras persoas.
Por iso propoñemos traballar desde a cultura e a educación, para que as historias que imperen sexan as do respecto á diversidade, o bo trato e o amor.
O GROVE CON ORGULLO
Venres 1 de xullo. PERSOAS SA. Documental e coloquio posterior, a cargo de Carmen PG
Granxeiro. Auditorio. Monte da Vila. 20:00 horas
A entrada será libre e gratuíta.
Domingo 3 de xullo. CONTOS INVERTIDOS. Contacontos a cargo de Niko Elsker.
Rúa Castelao. 13:00 horas.
Será un espectáculo ao aire libre
Venres 8 de xullo. OBRADOIRO CONTEMOS UN CONTO. A cargo de Niko Elsker
Antiga Escola Infantil Monte da Vila.10:00 horas
A partir de 12 anos.
Para esta actividade será necesaria inscrición previa no CIM.
Máis información e inscricións:
Centro de Información ás Mulleres
Paseo marítimo de Lordelo s/n
cim@concellodogrove.es – 986730900