galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

mércores, 8 de marzo de 2023
"DECLARACIÓN INSTITUCIONAL 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En 1975, a Organización das Nacións Unidas proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller.

 

Desde entón, é un día de celebración polos avances que acadamos ao longo da historia pero tamén de reivindicación polo que nos queda por alcanzar en materia de igualdade entre mulleres e homes, en todos os ámbitos da vida.

 

Foron moitos eses avances conseguidos, pero aínda persisten as desigualdades e a discriminación e a violencia sobre as mulleres polo feito de selo, e ante isto, non ten cabida poñerse de perfil e non é entendible ser neutrais.

 

É indubidable que o noso país é referente en materia de igualdade, o noso marco normativo é exemplo para moitos Estados que recoñecen a nosa firme defensa dos dereitos das mulleres, situándonos á cabeza no Índice Europeo de Igualdade de Xénero.

Este ano convócanos a necesidade de afianzar todo o conseguido, deixando de lado o ruído que pretenden facer algúns sectores ao sentírense ameazados nos privilexios adquiridos nunha sociedade machista, cuns valores onde o papel da muller foi ignorado e infravalorado e onde, ata non hai moito, o pensamento máis común era que a violencia contra as mulleres era consecuencia de actitudes individuais e do ámbito privado.

Grazas aos avances conquistados e á maior visibilización e sensibilidade por parte da sociedade, conseguiuse situar esa lacra no centro das preocupacións, con categoría de problema social, coa obrigación de dar resposta inmediata desde os poderes públicos.

As violencias de xénero constitúen a cara máis escura da desigualdade.

O lema escollido neste 8 de marzo de 2023 é : Por un mundo dixital inclusivo: innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero.

 

Con el, recoñécese o labor das mulleres, nenas e organizacións feministas que loitan polo acceso á educación dixital e que exploran os efectos da brecha dixital no crecemento das desigualdades sociais e económicas, ao tempo que poñen de relevo a importancia de protexer os seus dereitos nos espazos dixitais e abordan o problema da violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da educación.

Engadimos aos obxectivos desa loita, outros colectivos vulnerables onde as mulleres, ademais de por selo, son discriminadas por teren unha discapacidade, pertenceren a unha raza ou etnia concreta, seren dunha determinada idade ou viviren e traballaren fóra das grandes cidades ou núcleos de poboación.

 

Neste último senso, temos en conta ás mulleres do mundo rural e o seu papel fundamental no desenvolvemento de actuacións contra a despoboación e o reto demográfico.

 

No aspecto laboral, e vendo os datos dos diferentes indicadores como traballo a tempo parcial, salarial, sectores produtivos, carreira profesional, etc., as condicións de traballo das mulleres seguen sendo, aínda en demasiadas ocasións, peores que as dos homes, tendo pouca presenza en determinados sectores profesionais e en cargos de dirección empresarial.

Desde o ámbito local debemos seguir co compromiso de construír unha sociedade igualitaria, que garanta os dereitos de todas as persoas, fomente a súa participación activa na vida local, elimine brechas sociais, corrixa desigualdades e cree oportunidades.

 

Estes compromisos débense plasmar no deseño e xestión dunhas políticas locais que convertan as nosas sociedades en motores de transformación.

E é por isto que, nesta declaración, o Consello Local de Igualdade de O Grove demanda ás diferentes administracións:

• Intensificar os esforzos no desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o emprego, o empoderamento e a educación para a igualdade de oportunidades.

• Incorporar a perspectiva de xénero en toda a actividade local, actualizar os sistemas e protocolos de actuación no avance das políticas de igualdade e establecer una coordinación adecuada entre as diversas áreas dos gobernos locais.

• Plantexar sistemas de recompilación de datos para comprender e abordar as desigualdades de xénero co fin de que, a partir da súa análise, se poida ofrecer unha resposta apropiada e eficaz.

• Ampliar o sistema de atención ás víctimas de calquera forma de violencia machista no marco da competencia de cada Administración, avanzando na mellora dos sistemas de detección precoz, situando no centro de todas as medidas os seus dereitos e o seu empoderamento, e atendendo ao recoñecemento ao seu dereito de reparación.

• Sumarse e invitar a toda a cidadanía a participar nos actos organizados con motivo do 8M, así como naquelas accións e iniciativas que loiten contra calquera manifestación de violencia sobre as mulleres e reivindiquen a igualdade real nesta sociedade produtiva, colaborativa, corresponsable, conciliadora e xusta que queremos e necesitamos ter.

 

Descarga o manifiesto

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss