Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A corporación intégrase polas persoas que se expresan a continuación, as cales se presentaron polas listas electorais que se indican a seguir:

 

   Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE
  •  José Antonio Cacabelos Rico 
  •  María Ángeles Domínguez Fernández
  •  Noemí Outeda Prol
  •  María del Pilar Galiñanes Castro
  •  Santiago Marcelino Meis Otero        
  •  Juan Otero Otero     
  •  Francisco Javier Otero Vidal
  •  Juan R. Outeda Montenegro
  •  María López Prieto
  •  Francisco M. Parada Carballa 

 

logotipo PSdeG-PSOE
   Partido Popular
  •  Beatriz Castro Vidal
  •  Víctor Otero Prol
  •  Martín Rivera Búa

 

   Esquerda Unida
  • José Antonio Otero González
  • Ana Cristina Domínguez Domínguez

logotipo EU

 

   Bloque Nacionalista Galego
  • Heladio Outeiro Padim 
  • David Torres Mascato

logotipo BNG

   
 

 

 

Correspóndenlle ao Pleno, unha vez constituído conforme ao disposto na lexislación de réxime local, as seguintes atribucións:

 

  • Elixir e destituír o alcalde do seu cargo conforme as regras establecidas na lexislación electoral.
  • Controlar e fiscalizar os órganos de goberno municipais.
  • Aprobar o regulamento orgánico, as ordenanzas e demais disposicións de carácter xeral que sexan da competencia municipal.
  • Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do termo municipal, creación ou supresión de municipios e das entidades ás que se refire o artigo 45 da Lei 7/1985, do 2 de abril; creación de órganos desconcentrados; alteración da capitalidade do municipio e o cambio de nome deste ou daquelas entidades, e a adopción ou modificación da súa bandeira, insignia ou escudo.
  • Aprobar o cadro de persoal e a relación dos postos de traballo da entidade, segundo as normas estatais previstas no artigo 90.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e determinar o número e características do persoal eventual, así como aprobar a oferta anual de emprego público.
  • A fixación da contía global das retribucións complementarias, dentro dos límites máximos e mínimos e demais prescricións establecidas nas normas estatais de desenvolvemento do artigo 93 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
  • Aprobar as bases das probas para a selección de persoal, con suxeición ás normas regulamentarias que dite o Estado en aplicación da autorización conferida polo artigo 100.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
  • Aprobar as bases que haxan de rexer nos concursos de provisión de postos de traballo, con suxeición ás normas básicas que dite o Estado, segundo o previsto nos artigos 90.2 e 101 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e resolver motivadamente os concursos aos que se refire o artigo 102.2 da mesma lei.
  • A autorización ou denegación de compatibilidade do persoal ao servizo da entidade local para un segundo posto ou actividade no sector público, así como a resolución motivada que recoñeza a compatibilidade ou declare a incompatibilidade do citado persoal para o exercicio de actividades da entidade local, a que se refiren os artigos 9 e 14 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
  • Separar do servizo os funcionarios da entidade, ratificar o despedimento do persoal laboral e impoñerlles sancións por faltas graves ou moi graves aos funcionarios con habilitación de carácter nacional que non supoñan a destitución do cargo nin a separación definitiva do servizo.
  • A determinación dos recursos propios de carácter tributario, a aprobación e modificación dos orzamentos, a disposición de gastos nos asuntos da súa competencia e a aprobación das contas.
  • Acordar as operacións de crédito ou garantía e conceder quitas e esperas, así como o recoñecemento extraxudicial de créditos.
  • A alteración da cualificación xurídica dos bens do municipio, logo do expediente no que se acredite a súa oportunidade e legalidade.
  • A adquisición de bens e a transacción sobre estes, así como o seu alleamento ou calquera outro acto de disposición, incluíndo a cesión gratuíta a outras administracións ou institucións públicas e a institucións privadas de interese público sen fin de lucro.
  • A concesión, arrendamento ou cesión de uso de bens por máis de cinco anos, sempre que a súa contía exceda do 10% dos recursos ordinarios do seu orzamento.
  • A regulación do aproveitamento dos bens comunais e a cesión por calquera título do aproveitamento destes bens.
  • O exercicio de accións administrativas e xudiciais e a defensa nos procedementos incoados contra o Concello.
  • A presentación de conflitos de competencias a outras entidades locais e demais administracións públicas.
  • A aceptación da delegación de competencias feita por outras administracións públicas.
  • A aprobación dos plans e demais instrumentos de ordenación e xestión previstos na lexislación urbanística.
  • A aprobación da forma de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización.
  • A contratación de obras, servizos e subministracións cuxa duración exceda dun ano ou esixa créditos superiores aos consignados no orzamento anual da entidade e a aprobación de pregos de condicións xerais a que deban suxeitarse os contratos da corporación.
  • A aprobación dos proxectos de obras cando a contratación da súa execución sexa da súa competencia, conforme o disposto no apartado anterior.
  • Conceder medallas, emblemas, condecoracións ou outros distintivos honoríficos e conferir títulos de fillos predilectos ou adoptivos ou de membros honorarios da corporación.
  • Aquelas outras que deban corresponderlle ao Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial, conforme o disposto no artigo 47 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e as demais que expresamente lle confiran as leis.