Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
No lugar do Monte da Vila, na zona de equipamentos culturais e deportivos, está a casa da cultura que ten o nome do escritor grovense Manuel Lueiro Rey. Nela realízanse diversas actividades culturais como exposicións de arte, cursos, seminarios, actuacións musicais e teatrais, obradoiros de debuxo e pintura ou proxeccións cinematográficas, ademais de acoller a biblioteca, o arquivo e a hemeroteca municipais.
Enderezo
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Tel.: 986 732 341
Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder
No lugar dos Campos, na parroquia de San Vicente, encóntrase a casa da cultura, dedicada ao mestre de escola Ángel Vázquez Hereder, onde teñen lugar actividades diversas como exposicións, cursos, xornadas, concertos musicais, representacións teatrais e todo tipo de producións culturais. Conta tamén cun espazo propio destinado a biblioteca pública.
Os Campos, 5
36988 San Vicente
Tel.: 986 738 431