O arquivo municipal é o lugar onde a Administración local reúne, conserva, organiza e pon á disposición dos cidadáns e investigadores os documentos que dan testemuño dos feitos acontecidos ao longo da nosa historia.
O arquivo municipal do Concello do Grove é un arquivo vivo, que recibe os documentos que xeran as diferentes oficinas municipais nos seus procesos administrativos.
Situación
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove Teléfono: 986 732 341
Funcións
Co obxectivo de facilitar a difusión e a preservación da riqueza documental e patrimonial do noso concello, estanse a realizar labores de dixitalización do material arquivístico local.
Horario: para a consulta de documentos cómpre solicitar con anterioridade unha autorización na Casa do Concello.