galego | español
texto grande
buscar

Noticias

luns, 11 de marzo de 2019
"O Concello do Grove volve a ofertar Obradoiros de Cociña para a mocidade"

 

Os cursos serán impartidos polo Obradoiro de Hostalería da Lanzada.

 

O Concello do Grove oferta para este mes de marzo e para o vindeiro mes de abril obradoiros de cociña para a mocidade. Trátase de distintas actividades que se desenvolverán nas instalacións da Lanzada e serán impartidas por profesorado a alumnado do Obradoiro de Hostalería municipal.

 

Os obradoiros comezarán o 23 de marzo en horario de 11.00 a 13.00 horas. Neste caso a proposta está dirixida a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos e o menú de propostas que aprenderán a cociña estará composto por suxi, tacos, picos de gallo, enchiladas, mojitos e cócteles comestibles. Xa o 15 de abril, tamén no mesmo horario, está previsto un obradoiro dirixido á rapazada de 11 a 17 anos para aprender a preparar espaguetes, ravioli, pastas variadas e bombóns recheos. Finalmente, o 16 de abril, repetirase o formato da data anterior coa preparación de salsas (boloñesa, carbonara e salsa verde), pizzas e unha sobremesa sorpresa. Todo isto unha vez máis para rapaces e rapazas de 11 a 17 anos.

 

Todos os obradoiros son de balde e teñen dispoñibles 15 prazas, que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. No caso de quedar prazas dispoñibles, poderían cubrirse por persoas doutros grupos de idade. A inscrición e a información adicional sobre estas actividades está dispoñible na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), no segundo andar da Casa do Concello.

axenda

calendario
mes anterior marzo | 19 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss