galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

martes, 12 de marzo de 2019
"O Concello do Grove pon en marcha a convocatoria de subvencións para entidades culturais"

 

O Concello mantivo onte unha reunión para informar directamente ás entidades.

 

O Concello do Grove do Grove convocou na tarde de onte ás entidades culturais da vila para debater as bases de cara á convocatoria de subvencións. Trátase das axudas que, anualmente, outorga o Concello e que destinan 30.000 euros a financiar actividades culturais organizadas polas asociacións da localidade e que contribúen a diversificar e ampliar a oferta cultural.

 

Como vén sendo habitual desde hai catro anos, as bases que rexen a adxudicación destas axudas foron debatidas onte coas propias asociacións, consensuando un sistema de puntuación que xa fora modificado hai tres anos e que pretende fixar os criterios máis obxectivos e transparentes posibles para a adxudicación dos fondos. Tamén se abordaron cuestións relativas aos prazos de presentación de documentación, que este ano serán máis extensos que o pasado exercicio.

 

Unha vez consensuadas as bases, estas serán elevadas á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación, mediante a cal quedarán (e, polo tanto, comezará o prazo de solicitude) cando sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Poden participar na convocatoria as asociacións de carácter cultural inscritas no rexistro municipal específico desde hai máis dun ano e deberán presentar un dossier cunha proposta de actividades para todo o ano 2019.

 

Estas axudas téñense incrementado ata os 30.000 euros nos últimos dous anos e o pasado ano foron 15 as agrupacións beneficiarias destas.

axenda

calendario
mes anterior marzo | 19 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss