galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Lingua

mércores, 14 de agosto de 2019
"O obradoiro Lingua Forza 3 visitará o Campamento de Verán do Concello do Grove"
foto
Cartel do evento

 

Trátase dunha actividade de dinamización lingüística pensada para visibilizar e impulsar o uso da lingua galega no deporte e nos xogos das nenas e nenos.

 

O vindeiro martes 20 de agosto a rapazada do Campamento de Verán do Concello do Grove vai participar no obradoiro Lingua Forza 3, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística municipal, dependente da Concellería de Cultura, en colaboración coa Concellería de Educación do concello meco.

 

Lingua Forza 3 consiste nunha divertida xincana con probas e xogos populares en versión lingüística e novos xogos deseñados especialmente para este proxecto. Para superaren as distintas probas, as rapazas e rapaces terán que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Entre tanto, as e os monitores irán enfiando todas as probas coa posta en escena e narracións dramatizadas.

 

Esta acción dinamizadora procura fomentar o uso da lingua galega entre a xente miúda dun xeito eminentemente lúdico a través do xogo e do traballo en equipo, promover os xogos en galego, tanto os tradicionais coma o máis novos, asociar o uso da lingua galega a outras áreas do currículo escolar, especialmente á educación física, e dar a coñecer o léxico do deporte e o patrimonio inmaterial do galego oral.

 
Galería:
 

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss