galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

mércores, 2 de marzo de 2011
"O Platuxa atraca no CIPES"
foto
O Platuxa

 

O pasado sábado 26 de febreiro de 2010, a asemblea de socios da Asociación Amigos da Dorna de Portonovo decidiu, por unanimidade, cederlle o Platuxa, un pesqueiro de 11,40 m de eslora, ao Concello do Grove para incorporalo ao CIPES (Centro de Interpretación da Pesca e a Salga) de Punta Moreiras.

 

No prazo aberto pola asociación para buscar un novo rumbo para o seu barco, valoraron a proposta recibida do Concello do Grove para facerse con el, a través do seu concelleiro de Cultura e Patrimonio Histórico, Antón Mascato. Membros da Xunta Directiva mantiveron unha reunión co concelleiro e con Dionisio Pereira, do Colectivo Etnográfico Mascato, asesores científicos do CIPES, para lles mostrar a situación administrativa do barco e para coñecer da súa man o proxecto que lle ofrecen ao Platuxa, que é moi similar ao que en principio tiñan pensado eles mesmos, e que foi bautizado como Proxecto Platuxa.

 

Na asemblea, logo de expoñer a situación a Xunta Directiva, e antes de darlle o visto e prace á cesión, debateron sobre as condicións, das vantaxes e inconvenientes que puidesen ter e acordaron transmitirlles aos representantes do Concello os seguintes puntos:

 

1.º Cederlle o 100% da propiedade do Platuxa ao concello do Grove.

2.º En caso de non ser legal o cambio de titularidade, buscar unha cesión de uso, ou vía similar, incluíndo as cláusulas necesarias que anulen calquera responsabilidade legal.

3.º En ambos os casos, Amigos da Dorna de Portonovo resérvase o dereito de reclamar a titularidade do Platuxa no caso de que o Centro de Interpretación da Pesca e a Salga pase a xestionarse e a explotalo unha empresa privada.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 21 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss