O Concello do Grove abre unha pre-inscripción do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3)
O Grove, 5 de Xullo de 2022. O Concello de O Grove segue a traballar na fórmula que permita dar unha solución de conciliación ás familias que quedaron sen praza na Escola Infantil de Rons, facendo todos os traballos precisos para por en marcha un Punto de Atención á Infancia, nas instalacións do coñecido como “Colexio das Monxas”. Este PAI, que precisa de varios informes, así como obras de acondicionamento, e a autorización da Xunta, ademais do visto bo de inspección, permitirá a conciliación familiar e laboral dunha vintena de familias.
Coa finalidade de coñecer a demanda e as necesidades reais das familias de O Grove para o próximo curso 2022-2023, o Concello abre un prazo de pre-matrícula, o cal permitirá ter datos reais que pemitirán ó concello ser máis efectivo na oferta. As familias que desexen ser usuarias do PAI, deben cubrir esta pre-matrícula, que non implica a consecución de praza, senón que se trata de ter datos reais para que a oferta sexa o máis realista posible.
O prazo de pre-matrícula comeza o xoves 7 de xullo, ata o día 17 do mesmo mes, e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo na seguinte ligazón: