De conformidade co previsto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, regulador das facendas locais, comunícaselles aos/ás contribuíntes afectados/as que o período voluntario de cobranza dos mencionados padróns será do 1 de agosto ao 2 de novembro de 2022, ambas as dúas datas incluídas (con posibilidade de ulterior modificación en función da evolución das circunstancias), mediante a orde de domiciliación bancaria ou nas oficinas das entidades colaboradoras (na propia oficina bancaria, nos caixeiros automáticos e a través de sede electrónica do Concello-pasarela de pagos), empregando os recibos que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. De non recibir ditos documentos de pago, deberán solicitar un duplicado nas dependencias da tesourería-recadación do Concello do Grove. Para os recibos domiciliados o cargos nas contas bancarias efectuarase o día 03 de outubro deste ano.