galego | español
texto grande
buscar

Lingua

Lexislación acerca da lingua galega

 

 

Novas tecnoloxías

Paquete de interface en galego para o Office 2003, Office 2007, Office 2010, Windows XP, (para poñeres o Office ou o Windows en galego)

Paquete de idioma de interface en galego para o Windows 7

Novo corrector de galego Imaxin Galgo 2.0 para Microsoft Word e Mac 

Software libre en galego (paquete ofimático OpenOffice, navegador web Firefox, cliente de correo Thunderbird...), no portal de Mancomún. 

LibreOffice en galego, suite ofimática libre de código aberto para Windows, Macintosh e Linux (instrucións de instalación).

  Ubuntu é un sistema operante rápido e sinxelo con todo o que precisas para o teu traballo diario, e de xeito totalmente libre. Pode instalarse en máis de 50 linguaxes, entre as que se inclúe o galego

Os meus favoritos, guía de enderezos de Internet.

Buscador no Dicionario da RAG para o Mozilla Firefox

Galapps, aplicativos para a lingua galega no teu móbil. 

Apps do Dicionario RAG para móbiles e tablets con sistemas iOS e Android.

 

Tradutores automáticos

Tradutor automático Gaio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Permite traducir texto plano e páxinas web. 

Tradutor OpenTrad apertium do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. 

 

Corrector ortográfico en liña

OrtoGal é un corrector ortográfico en liña de galego que a Universidade de Vigo pon á disposición do público na Rede. 

 

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Dicionario de pronuncia da lingua galega (USC). Este dicionario ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala. 

 

Conxugador verbal en liña

CilenisConxugador é unha nova ferramenta lingüística en liña que permite conxugar de maneira fiable calquera verbo da lingua galega. Permite conxugar os verbos que forman parte do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG) e tamén calquera outro verbo que se nos ocorra: neoloxismos, tecnicismos, localismos, verbos dunha xerga ou incluso inventados. 

 

Dicionarios e vocabularios

Dicionario da Real Academia Galega. Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras. 

Dicionario Estraviz, versión electrónica do dicionario dirixido polo lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz. Considerado o máis importante dos traballos sobre léxico desde a perspectiva do reintegracionismo, segue nalgúns casos o estabelecido polas normas de AGAL e noutros atense ao padrón portugués, aínda que permite buscas na norma oficial do galego (ILG-RAG). 

Dicionario visual interactivo, para que as persoas procedentes do estranxeiro dean os primeiros pasos na nosa lingua. 

Digalego. Dcionario de galego de Ir Indo, adaptado á nova normativa de 2003.

Profesionaliza a túa lingua, listaxe de vocabularios publicados en desenvolvemento da campaña Profesionaliza a túa lingua, gañadora da primeira edición do Premio Luísa Villalta. 

 

Normas e gramática

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega en 2003. Última edición (marzo de 2012).

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (extracto do texto completo)

Síntese gramatical, editado pola Universidade da Coruña, foi concibido como un libro de consulta para aquelas cuestións fundamentais do idioma. 

Lingua galega. Dúbidas lingüísticas, da Universidade de Vigo. 

Criterios para o uso da lingua, da Universidade da Coruña: uso de maiúsculas e minúsculas, signos de puntuación, abreviaturas... resolve as túas dúbidas con este documento. 

Sobre a calidade da nosa lingua, recolle os erros máis comúns que o SNL da UDC detectou nas súas correccións. 

 

Linguaxe administrativa

Manual básico de documentación administrativa e xurídica, práctico manual editado pola Xunta para modernizar e mellorar os textos administrativos e xurídicos. Contén explicacións e exemplos de cada tipo de documento. 

Manual de documantos administrativos, recolle modelos comentados dos documentos que máis se empregan na UDC e pretende ser unha guía cómoda e práctica para para axudar a redactar e a elaborar documentos administrativos útiles e eficaces. 

Curso de linguaxe administrativa, manual para os cursos de linguaxe administrativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán, do SLI da Univesidade de Vigo (en liña).

 

Ligazóns varias relacionadas coa lingua galega

axenda

calendario
mes anterior xullo | 17 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss