galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

venres, 1 de setembro de 2023
"O CONCELLO DO GROVE INICIARÁ NO MES DE OUTUBRO UNHA NOVA ETAPA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA NA REDE DE BIBLIOTECAS"

O Grove, 01/09/2023.- O Concello do Grove iniciará na primeira semana de outubro diversas actividades para o fomento da lectura na Biblioteca do Grove e na Axencia de Lectura de San Vicente

Visitas escolares

Actividades de formación de usuarios/as destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos da vila. Desenvolveranse os luns e mércores de outubro e novembro en dúas modalidades:

  • Visita do alumnado ás bibliotecas para a chegar achegar á rapazada ao mundo máxico da biblioteca dunha forma lúdica e divertida, coñecendo de primeira man as instalacións, os fondos e o funcionamento dunha biblioteca. Estas actividades veñen acompañadas dalgunha actividade ou taller relacionado coa animación lectora onde escoitarán contos en diferentes formatos e realizarán actividades relacionadas con ese conto.
  • Visita da biblioteca aos centros educativos. Realizaranse nos propios centros educativos, nas súas bibliotecas, e irán acompañadas de actividades ou talleres relacionados coa animación lectora onde se lerán contos en diferentes formatos.

Club de lectura “Café con libros” para persoas adultas.

Esta actividade dará comezo o 5 de outubro e reunirá todos os xoves na Biblioteca Municipal a un grupo de lectoras co fin de debater e comentar o mesmo libro, en sesións de una duración aproximada de hora e media nun ambiente distendido, de respecto, pero sobre todo lúdico, creando un clima de esparexemento que convida a divertirse.

Ademais de potenciar a lectura e o coñecemento da literatura, esta actividade pretende facilitar a socialización das participantes, o crecemento persoal e mellorar a súa calidade de vida dándolles a coñecer a Biblioteca como un equipamento que lles ofrece uns recursos e servizos axeitados ás súas necesidades e intereses e vinculalas a novas contornas, facilitándolles diferentes vivencias e experiencias tales como encontros con autoras e autores, actividades literarias contextualizadas nas propias contornas e o coñecemento da cultura a través de actividades lúdicas.

Clubs de lectura infantil

Actividades de animación lectora que teñen como obxectivo potenciar a imaxinación e a creatividade, ademais de mellorar o léxico e as formas de expresión.

  • Club de lectura na Biblioteca Municipal do Grove. Actividade de animación lectora dirixida á rapazada de 8 a 12 anos. Dará comezo o venres 6 de outubro e as sesións terán lugar cada 15 días en horario de 18.30 a 20.00 h para comentar o libro elixido de lectura. Os nenos e nenas compartirán con outros compañeiros as impresións e emocións xeradas pola lectura dos libros e realizarán diferentes actividades.
  • Club de lectura infantil na Axencia de Lectura de San Vicente. Actividade dirixida á rapazada de 8 a 11 anos que se reunirán todos os luns, desde o 2 de outubro ata mediados de decembro, en horario de 18.30 a 19.30 h

Bibliotequeando na biblioteca Municipal do Grove

Actividades de animación lectora para a rapazada de 4 a 7 anos que terán lugar na Biblioteca Municipal do Grove todos os venres en horario de 17.30 a 18.30 h

As actividades darán comezo o venres 6 de outubro co obxectivo de chegar a lectura aos máis pequenos dunha forma amena e  divertida para potenciar a súa creatividade e imaxinación.

Hora do conto na Axencia de Lectura de San Vicente

Dirixida á rapazada de 4 a 7 anos, desenvolveranse todos os martes de outubro a mediados de decembro na Axencia de Lectura de San Vicente.

Esta actividade pretende fomentar a creatividade e imaxinación dos mais pequenos para que poidan gozar da lectura e achegarse á maxia dos contos, así como realizar actividades relacionadas coa historia narrada.

As actividades son gratuítas e, para poder participar nelas,  é necesaria inscrición previa nas propias bibliotecas, no tfno. 986 732 341, no e-mail biblioteca@concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.

 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss