galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

martes, 22 de xaneiro de 2013
"Escola de Teatro"
foto

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove e a Asociación Cultural Roza do Pedrol poñen en marcha unha escola de teatro.

 

Vai consistir nun obradoiro de expresividade onde un grupo de persoas se reúnen para, a través da axuda dun monitor ou dunha monitora  e empregando técnicas achegadas polas artes escénicas (teatro, danza, movemento expresivo, técnica vogal...) van potenciar a súa expresividade e mellorar a súa capacidade de expresión e comunicación.

 

Outro punto que se vai tocar vai ser a interpretación ante a cámara. Estudarase como comportarse e como interpretar monólogos, programas de novas etc. ante unha cámara.

 

Unha vez a teoría estea vista, a intención é a de representar ante o público as obras que se preparen, ben sexa ao remate do curso ou no momento en que estean preparados.

 

A monitora é licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, actriz en activo e vai contar, ademais, con outros profesionais segundo a temática para tratar.

 

O curso levarase a cabo na Casa da cultura de San Vicente, os venres en horario de 20.00 a 22.00 horas.

 

Terá o seu inicio o 1 de febreiro  e rematará no mes de decembro, facendo unha parada nos meses de verán. É totalmente de balde.

 

Poden participar nesta actividade as persoas maiores de 16 anos que queiran aumentar as súas posibilidades expresivas. Para participar é necesario que se poñan en contacto coa Oficina de Información Xuvenil (Casa azul), no teléfono 986 730 609 ou a través do correo electrónico omix@concellodogrove.com. Tamén poden contactar coa presidenta de Roza do Pedrol (Estrella) a través do teléfono 657 414 277.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xaneiro | 22 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss