texto grande
buscar

«Un proceso activo de implementación de iniciativas tendentes a modificar e mellorar a formación integral e a calidade de vida dos individuos, fomentando o autocontrol individual e a resistencia colectiva ante a oferta de drogas» (Martín, 1995, p. 55).

 

 

Son varios os OBXECTIVOS que pretende acadar a prevención das drogodependencias. Destacamos os seguintes (Ammerman et. al., 1999; Martín, 1995; Paglia e Pandina, 1999; Plan Nacional sobre Drogas, 2000 e seg.):

  • Atrasar a idade de inicio do consumo de drogas.
  • Limitar o número e tipo de substancias empregadas.
  • Evitar a transición da proba de substancias ao seu abuso e dependencia.
  • Diminuír as consecuencias negativas do consumo naqueles individuos que consomen drogas ou que teñen problemas de abuso ou dependencia delas.
  • Educar os individuos para que sexan capaces de manter unha relación madura e responsable coas drogas.
  • Potenciar os factores de protección e diminuír os de risco para o consumo de drogas.
  • Modificar as condiciones do contorno sociocultural e proporcionar alternativas de vida saudables.

E, en consonancia co establecido polo Plan de acción 2005-2008, aprobado pola Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas e polo Plan de acción da Unión Europea en materia de loita contra a droga 2005-2008, complétanse os obxectivos anteriores con estes outros extraídos do Plan de Galicia sobre drogas 2007-2009:

  • Reducir o consumo experimental das distintas drogas entre a adolescencia.
  • Reducir o número de consumidores/as habituais de drogas entre a poboación en xeral.
  • Reducir os comportamentos de risco relacionados co consumo de alcol e outras drogas.
  • Mellorar a calidade da información dos/as adolescentes e mozos/as sobre as drogas e os seus efectos.
  • Modificar as actitudes dos/as adolescentes e mozos/as fronte ás drogas.
  • Reducir a tolerancia social fronte ás drogas.
  • Reducir a dispoñibilidade do tabaco, así como o consumo indebido e abusivo de bebidas alcólicas no contorno social.
  •  

axenda SPAD
calendario
mes anterior novembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss