texto grande
buscar

PROGRAMACIÓN NO ÁMBITO ESCOLAR 

A) OBXECTIVOS

  • Impedir ou atrasar o inicio no consumo de drogas.
  • Dotar o alumnado de claves e habilidades que os impliquen de forma activa na súa propia aprendizaxe con respecto ao uso das drogas; que axusten a percepción de risco á realidade; que reforcen a autoestima e a asertividade individual; e que contribúan á realización dunha toma de decisións conscientemente valorada.
  • Diminuír o inicio/mantemento do uso/abuso das drogas entre a xente nova/adolescente da nosa comunidade, favorecendo un estilo de vida máis saudable.
  • Transmitir conceptos e formación básica sobre drogodependencias desmitificando os “aspectos positivos” que rodean as substancias.
  • Influír nas crenzas e actitudes do alumnado de educación infantil e primaria sobre as drogas e o seu consumo, así como no consumo actual de drogas e na intención de consumo futuro dos estudantes de ESO, bacharelato e ciclos formativos.
  • Desenvolver e/ou fortalecer as capacidades do alumnado cara á adopción dun estilo de vida saudable mediante a adquisición de valores persoais e favorecendo unha actitude crítica e de autoafirmación.
  • Contrarrestar a influencia dalgúns factores de risco que poden favorecer a aparición de problemas de consumo: a falta de información e a subxectividade desta; mitificación; crenzas de autoprotección e resistencia ao dano; presión de grupo…
  • Dotar a comunidade educativa de instrumentos de traballo que permitan un enfrontamento racional do consumo de drogas.

B) METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

Son presentadas a cada un dos centros do concello do Grove ao comezo do curso escolar. Posteriormente, cada centro solicita aquelas en que estea interesado en participar. 

 

1. PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO NA AULA

O persoal de prevención desprázase aos centros de ensino e realiza na aula o número de sesións establecidas nas datas correspondentes.

 

Na execución das actividades a maiores da exposición, empréganse diferentes metodoloxías e técnicas (traballo grupal/individual, mesa redonda, debates, etc.) ademais de diferentes soportes (CD-ROM, vídeo, unidades didácticas, fichas de traballo, pósters).

 

Actividades de tipo experiencial para infantil e primaria (taller de bebidas saudables, contos para conversar, cine e saúde na escola).

 

Actividades formativas na aula para secundaria:

"Conversa", taller que  reúne varios contidos: conceptos básicos sobre drogodependencias, habilidades de comunicación, autorresponsabilidade e saúde.

 

"Non pasa nada, pasa algo?". O triángulo-suxeito-substancia-sociedade, evolución condutual das diferentes drogas, do uso á dependencia, habilidades de afrontamento.

 

As actividades refórzanse co reparto de información escrita complementaria (folletos drogas de síntese, cannabis, alcol,  cocaína; outra información de elaboración propia).

 

2. PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS NA ESCOLA (PPCDE)

Propónselle ao profesorado o uso e aplicación deste programa editado entre a Consallería de Sanidade e a Consallería de Educación, coa finalidade de lograr a súa implantación nos diferentes ciclos da educación infantil, primaria e secundaria.

 

O persoal do Servizo de Prevención é o responsable de solicitarlle o material á Consellería de Sanidade, así como da explicación xeral deste e todo aquilo que o profesorado estime necesario para a súa aplicación, incluíndo a posibilidade de formación, apoio e asesoramento continuado. Pero a realización da actividade en canto a periodicidade, dedicación, explicacións, desenvolvemento xeral, etc., corre a cargo de cada un dos profesores/as que traballe o material.

 

Proporcionarase unha guía de traballo para o profesorado e un caderno de traballo (individualizado) a cada neno/a, con adaptación curricular con base nas etapas educativas, a través da Educación para a Saúde, con aplicación transversal e/ou titorial, e recomendarase o traballo do caderno de xeito continuado e periódico, evitando actuacións puntuais.

 

Realízanse actividades de carácter individual e outras grupais, empregando gran variedade de técnicas grupais nestas últimas: xogo de roles, remuíño de ideas, Phillips 66, tribunal, diálogos simultáneos, discusión dirixida, xogos por equipos.

 

Máis información sobre o PPCDE

 

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior maio | 17 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss