texto grande
buscar

Carteira de servizos PGD

 

Contar cunha carteira de servizos en materia de prevención constitúe unha estratexia de mellora da calidade dos servizos das administracións que o Plan de Galicia sobre drogas (PGD) se compromete a promover e apoiar para lograr que os programas preventivos cheguen a unha serie de colectivos e grupos sociais, previamente definidos, de toda Galicia.

 

Esta carteira de servizos informa a cidadanía sobre os servizos que os órganos administrativos prestan de maneira efectiva, así como sobre os dereitos dos cidadáns/ás e usuarios/as dos servizos públicos.

 

O PGD pretende fixar determinados niveis de calidade na prestación de servizos previamente existentes, co compromiso público de prestalos nunhas condicións predeterminadas e cuns indicadores ou estándares ponderables sobre a calidade do servizo, establecendo un marco de garantías para o conxunto das institucións, os e as profesionais e a cidadanía.

 

A relación de programas incluídos na carteira de servizos, ordenados por  ámbitos, é a seguinte: 

 

DIRIXIDOS AO ÁMBITO ESCOLAR

  • Programa de prevención do consumo de drogas no ámbito educativo: PPCDE (prevención universal)
  • Programa Cinensino (prevención universal)
  • Programa Non pasa nada, ¿pasa algo? (prevención selectiva)
  • Programa Odisea (prevención selectiva en centros de garantía social)

DIRIXIDOS AO ÁMBITO FAMILIAR

  • Programa Máis que un teito (prevención universal)
  • Programa En familia todos contan (prevención selectiva)
  • Programa Entre todos (prevención indicada)

DIRIXIDOS Á MOCIDADE

  • Programa Activa (prevención universal)
  • Programa Cambio de sentido: prevención do consumo de alcol na condución de vehículos (prevención universal)
  • Programa Alternativa: dirixido a mozos/as con denuncias por consumo ou posesión de drogas en lugares públicos (prevención selectiva)
  • Programa Creative:  prevención do consumo de alcol e outras substancias en espazos urbanos públicos (prevención selectiva)

DIRIXIDOS AO ÁMBITO LABORAL

  • Programa Ao  alcance:  prevención  do abuso de drogas no ámbito laboral (prevención universal)

DE REDUCIÓN DE DANOS E PREVENCIÓN INDICADA PARA DROGODEPENDENTES

  • Programa Sísifo: intervención precoz con drogodependentes en situación de emerxencia social
  • Programa Itínere:  prevención  indicada e incorporación sociolaboral para drogodependentes excarcerados

PROGRAMAS DE PREVENCIÓN EN CLAVE DE XÉNERO

  • Programa  Penélope:  prevención   do   consumo   de   drogas  dirixido  a mulleres.

PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DIRIXIDOS A OUTROS COLECTIVOS

  • Programa  Acais:  prevención   de   consumos  de  drogas  e  hábitos  non saudables na comunidade xitana

ACTIVIDADES TRANSVERSAIS DE SOPORTE AOS PROGRAMAS DE PREVENCIÓN

  • Programa de información/sensibilización  sobre as drogas e os seus efectos
  • Programa   de   formación   de   mediadores/as   sociais   en   prevención  das drogodependencias

Accede á carteira de servizos do Plan de Galicia sobre drogas, co desenvolvemento dos distintos programas que a integran, así como aos instrumentos de soporte e apoio á súa xestión e ás guías técnicas para a súa implantación que a acompañan.

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior setembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
noticias SPAD
nais/pais
pola saúde
cinensino
saúde
na escola
contos para
conversar
campañas do
Plan Nacional
o alcol
e ti
espazo
sen fume
quitómetro
clases
sen fume
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss