texto grande
buscar

Son factores que constitúen aquelas variables que se asocian coa presenza das condutas de uso e/ou abuso de drogas. Conteñen as pistas que responderían á pregunta: "por que determinadas persoas consomen drogas e outras non o fan?".

 

A) Factores de risco relacionados co uso e/ou abuso de drogas

 

FACTORES PERSOAIS

- Conduta antisocial temperá.

- Problemas emocionais e intelectuais:

1. Déficit empatía e baixa automática.

2. Falta de asertividade e dificultades para relacións sociais.

3. Dificultades para o control emocional (impulsividade, agresividade, dificultades para demorar a gratificación, busca de emocións, etc.).

4. Baixa resistencia á frustración.

5. Dificultades para a resolución de problemas e na toma de decisións.

6. Certos trazos da personalidade (depresión, introversión e desadaptación social).

- Ausencia de valores ético/morais, predominio de valores persoais en ausencia de valores pro-sociais, alta tolerancia fronte á desviación, forte necesidade de independencia, ausencia de normas e escasa interiorización das demandas sociais de auto-restrición de impulsos.

- Rexeitamento por parte dos iguais.

- Uso ou experimentación temperá de drogas.

- Embarazos durante a adolescencia.

- Acontecementos vitais causantes de estrés.

 

FACTORES FAMILIARES

- Problemas económicos na familia.

- Pai/nai consumidores de substancias psico-activas e/ou con problemas de abuso e actitudes paternas positivas cara ao uso de drogas.

- Divorcio ou separación dos proxenitores.

- Trastornos mentais e comportamento antisocial dos proxenitores.

- Problemas de manexo familiar e baixas expectativas dos proxenitores cara aos nenos/as.

- Baixa supervisión familiar da conduta dos fillos/as.

- Estilo educativo familiar autoritario ou permisivo, ausencia de conexión proxenitores-fillos/as, relacións afectivas deterioradas ou inconsistentes e pobre comunicación.

- Disciplina familiar inconsistente ou excesivamente severa.

- Maltrato físico, emocional e psicolóxico e abusos sexuais.

- Ausencia dun espazo de convivencia adecuado (mozos/as sen fogar).

- Desordes nas relacións proxenitores-fillos/as: ausencia de mutuo apego entre proxenitores e fillos/as, falta de comunicación, débiles relacións entre proxenitores e fillos/as, pobre apoio social e emocional aos fillos/as, actitudes e condutas neglixentes dos proxenitores, rexeitamento dos proxenitores cara aos fillos/as e ausencia de experiencias familiares pracenteiras.

 

FACTORES ESCOLARES

- Baixo compromiso coa escola (pouca dedicación).

- Baixo rendemento escolar.

- Fracaso e/ou abandono escolar.

- Ausencia de expectativas en relación coa escola.

- Baixo coeficiente intelectual e trastornos da aprendizaxe.

 

FACTORES RELACIONADOS COS IGUAIS

- Consumo de drogas e/ou actitudes favorables cara a estas no grupo de iguais.

- Condutas antisociais ou delituosas temperás no grupo.

 

FACTORES MACROSOCIAIS

- Leis e normas sociais favorables cara ao uso de drogas (tolerancia social).

- Actitudes favorables cara ao consumo en medios de comunicación.

- A publicidade de bebidas alcohólicas e tabaco.

- Ausencia dunha adecuada vinculación social.

- Pobreza e deprivación económica e social do contorno social próximo.

- Residencia en barrios con carencias de recursos ou servizos públicos.

- Dispoñibilidade e accesibilidade ás drogas (legais e ilegais).

- Pertenza a grupos sociais ou étnicos desfavorecidos ou marxinados.

 

B) Factores de protección relacionados co uso e/ou abuso de drogas

 

FACTORES DE PROTECCIÓN FAMILIAR

- Fortes vínculos coa familia, cohesión, cordialidade e apego a un ou ambos proxenitores durante a infancia.

- Influencias pro-sociais da familia nos fillos/as.

- Oportunidades e reforzos para a implicación na familia.

- Sentido de confianza básico entre os membros/as da familia.

- Recoñecemento e aceptación dos fillos/as por parte dos proxenitores.

- Disciplina familiar adecuada e normas de conduta claras dentro da familia.

- Proximidade, apoio emocional e trato cálido e afectuoso cos fillos/as.

- Altos niveis de supervisión das condutas e actividades diarias dos fillos/as.

- Control e apoio familiar aos fillos, en especial no referido ao coñecemento dos problemas, intereses e necesidades dos fillos/as, a identificación de situacións de risco para o consumo de drogas, o fortalecemento dos vínculos coa escola e os progresos no ámbito académico, o desenvolvemento da autoestima e da competencia social e persoal.

- Crenzas saudables e claros estándares de conduta paternos/maternos.

- Altas expectativas parentais.

 

FACTORES DE PROTECCIÓN ESCOLAR

- Reforzos pola súa implicación na escola.

- Oportunidades para a súa implicación na escola.

- Rendemento escolar exitoso e apego á escola.

 

FACTORES COMUNITARIOS E AMBIENTAIS

- Reforzos pola implicación na comunidade.

- Oportunidades para a súa implicación na comunidade.

- Un sistema de apoio externo positivo.

- Normas, crenzas e estándares condutuais contra o uso de drogas.

 

FACTORES INDIVIDUAIS E VINCULADOS AOS IGUAIS

- Relixiosidade.

- Crenza na orde moral.

- Habilidades sociais.

- Temperamento ou disposición positiva.

- Amplo repertorio de habilidades de afrontamento sociais.

- Crenza na propia auto-eficacia.

- Apego aos iguais.

 

C) Conclusións segundo evidencias científicas que indican que (PGD 2007-2009):

 

1. Os factores de risco exercen maior influencia que os factores de protección na modulación dos consumos de drogas.

2.  Entre os factores de risco con maior capacidade preditora dos consumos inclúense algúns relacionados co ámbito familiar (malas relacións familiares e abuso de drogas na familia) e de carácter social (presenza de consumidores no medio social e facilidade de acceso ás drogas), xunto cos persoais e laborais.

3.  As percepcións dos adolescentes sobre os riscos e beneficios do alcohol e outras drogas correlaciónanse coa probabilidade do inicio do seu consumo.

4.  As actitudes sociais favorables ou tolerantes cara a certas drogas e a publicidade do alcohol ou o tabaco correlaciónanse co uso de drogas entre os adolescentes.

5.  O consumo de tabaco, alcohol ou outras drogas por parte dos pais e as súas actitudes cara aos consumos correlaciónanse cos niveis de uso e as actitudes cara ás drogas dos adolescentes.

6. As deficientes habilidades educativas e prácticas dos pais no manexo familiar  correlaciónanse co uso de drogas por parte dos fillos adolescentes.

7.  Os niveis de cohesión e apego familiar correlaciónanse co uso de drogas por parte dos fillos. As débiles relacións pais-fillos, a falta de comunicación e apoio emocional dos pais aos fillos incrementan o risco de que aparezan condutas de abuso ás drogas.

8.  O baixo rendemento escolar, o absentismo e o fracaso escolar tenden a correlaciónarse coa presenza de condutas de uso e/ou abuso temperán de drogas por parte dos adolescentes.

9.  A ausencia de valores ético-morais ou o predominio de valores sociais de carácter hedonista ou presentista correlaciónase cos niveis de consumo de drogas.

10. O consumo de drogas no grupo de iguais ou a existencia de actitudes favorables cara a elas correlaciónase co inicio temperán ao uso de drogas e a aparición de condutas de abuso.

11. Os factores de risco asociados ao inicio do consumo de drogas difiren en función do sexo e entre os distintos grupos étnicos e culturais.

12. As políticas que inciden simultaneamente no control da oferta e a redución da demanda son máis efectivas que as que inciden só nun destes ámbitos.

13. O incremento da fiscalidade sobre o tabaco e o alcohol e as restricións cara ao seu uso correlaciónanse co atraso nas idades de inicio ao seu consumo e a redución das súas prevalencias de uso.

axenda SPAD
calendario
mes anterior outubro | 18 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
noticias SPAD
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss