texto grande
buscar

1. PROGRAMA AO ALCANCE. ÁMBITO LABORAL

 

A) OBXECTIVOS

 

OBXECTIVOS XERAIS

  • Promover e facilitar a implementación dun programa de prevención do consumo de drogas no ámbito laboral, integrado no Plan de prevención de riscos laborais nas empresas de Galicia, principalmente nos sectores pesqueiro, transporte, construción, turismo e hostalería.
  • Reducir a prevalencia global dos consumos de alcol e outras drogas entre as traballadoras e traballadores e, de maneira particular, dos pertencentes aos sectores da pesca, o transporte e a construción.
  • Reducir o consumo de alcol e tabaco en horario laboral.
  • Reducir a prevalencia dos consumos habituais de tabaco, alcol e drogas ilícitas entre as traballadoras e traballadores e, de maneira particular, dos sectores pesqueiro, do transporte e da construción.
  • Reducir a prevalencia de persoas bebedoras abusivas entre as traballadoras e traballadores e, de maneira particular, dos sectores pesqueiro, do transporte e da construción.
  • Reducir certos comportamentos de risco entre as traballadoaras e traballadores asociados ao consumo de drogas (manexo de vehículos ou maquinaria perigosa tras a inxestión destas substancias).
  • Mellorar o nivel de coñecemento e a calidade da información das traballadoras e traballadores sobre o impacto das diferentes drogas na súa saúde e benestar persoal e a actividade laboral.  

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Reducir a tolerancia social das traballadoras e traballadores, directiva, representantes sindicais e membros dos servizos de prevención ante os consumos de alcol e outras drogas.
  • Incrementar o risco percibido asociado ao consumo de alcol ou outras drogas por parte das traballadoras e traballadores.
  • Reducir a permisividade das traballadoras e traballadores fronte ao consumo de alcol ou outras drogas dentro da xornada laboral.
  • Conseguir que se respecte a normativa que impide o consumo de tabaco nos centros de traballo cerrados.
  • Conseguir que se respecte a normativa que impide o consumo de alcol ou outras drogas durante a xornada laboral.
  • Facilitar información e orientación ás traballadoras e traballadores con consumos problemáticos de alcol ou outras drogas que faga posible o seu tratamento temperán en centros especializados.

B) METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

 

Dirixido a todas as empresas do concello do Grove (priorizando aquelas cun maior volumen de persoal). Están implicados todos os axentes relacionados co seu contorno laboral específico: a empresa, os sindicatos, as mutuas laborais, etc.

 

As distintas actividades e fases de traballo coa empresa serán:

1. Elaboración conxunta dun estudo de necesidades en materia de prevención das drogodependencias.

2. Adecuación dos contidos do programa ás demandas e necesidades da empresa.

3. Realización do curso básico (6 h) e de especialización (14 h) de mediadores laborais, proporcionándolles o manual do programa.

4. Distribución da guía informativa de información/sensibilización entre as traballadoras e traballadores da empresa.

5. Execución do resto das medidas previstas: orientación e asesoramento, sesións informativas, rotulación de espazos, etc.

 

2. XORNADAS: ASPECTOS LEGAIS E SANITARIOS DO ALCOL E O TABACO

 

A) OBXECTIVOS

 

OBXECTIVOS XERAIS

  • Proporcionar formación sobre o tabaco e o alcol, tanto a nivel legal como sanitario, a diferentes profesionais do ámbito socio-laboral, mediante a realización dunhas xornadas formativas.
  • Facelos partícipes da importancia da súa función como mediadores preventivos, podendo transmitir información sobre as distintas substancias con capacidade de xerar adicción.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 

  • Mellorar o nivel de coñecementos das persoas destinatarias sobre o impacto que as drogas teñen sobre a saúde e o benestar individual e colectivo e os riscos que derivan do seu uso.
  • Difundir entre a poboación información sobre o Servizo de Prevención e diversos aspectos relacionados coa educación para a saúde.
  • Mobilizar a poboación na busca de solucións e alternativas aos problemas que a súa comunidade ou colectivo presente en relación coas drogas.

  • Reducir a prevalencia dos consumos problemáticos de tabaco e o alcol.

  • Corrixir erros, falsas crenzas, mitos, estereotipos e falacias sobre o tabaco e o alcol e os efectos de cada substancia.

  • Proporcionar información sobre a xestión e actividades dos recursos preventivos co fin de aumentar a participación social.

  • Dar a coñecer o SPAD como recurso preventivo e asistencial.

B) METODOLOXÍA DA ACTIVIDADE

 

As xornadas de traballo (6 horas de duración) de carácter formativo co obxectivo de profundar nos aspectos legais e sanitarios con respecto ao tabaco e ao alcol. Contarase cos profesionais do Servizo e especialistas no tema externos. Valórase como fundamental que exista na zona do Grove e contorno (bisbarra) un grupo de profesionais do ámbito socio-laboral e persoas significativas (empresariado, sindicatos, asociacións) que teñan coñecementos sobre o tema e igualmente da actividade que se realiza desde o SPAD.

 

axenda SPAD
calendario
mes anterior setembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
noticias SPAD
o tempo
HOXE MAÑÁ
ºC ºC ºC ºC
fonte: Meteogalicia
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss