galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Medio Ambiente

lunes, 26 de octubre de 2020
"[GALEGO] O CONCELLO DO GROVE DÁ UN PASO MÁIS NA MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS MEDIANTE UNA PLANTA DE COMPOSTAXE MUNICIPAL"
[GALEGO]

A Consellería de Medio Ambiente achegará máis de 37.000 euros a unha iniciativa para a recollida separada da fracción orgánica de produtos singulares para a compostaxe na planta municipal.

 

O proxecto presentado polo Concello do Grove recolle un novo modelo de recollida selectiva porta a porta da materia orgánica a produtores individuais do concello para o seu posterior tratamento na planta de compostaxe municipal que se construirá para tal efecto. Trátase dun paso máis no xa importante sistema de compostaxe co que conta o municipio e busca, ao mesmo tempo, adaptarse ao Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia na súa liña estratéxica 3: fomento da recollida selectiva da fracción orgánica. Este novo modelo supón unha grande vantaxe a nivel medioambiental, económica e social.

 

Dun xeito máis concreto, establecerase unha recollida porta a porta de residuos orgánicos mediante uns colectores de entre 240 e 300 litros, aproximadamente. Eses colectores estarán identificados con códigos QR para poder realizar un seguimento do proceso. Os produtores individuais poderán empregar cubos de entre 40 e 80 litros nas cociñas, por exemplo, de tal forma que poderán trasladar os residuos orgánicos de xeito máis sinxelo ao colector de maior tamaño. A recollida realizarse inicialmente tres días á semana (luns, mércores e venres), mais poderá variar en función das necesidades puntuais. No momento da recollida, o persoal encargado desta tarefa intercambiará os colectores cheos por outros baleiros e limpos.

 

O traslado dos biorresiduos nos colectores ata a planta de compostaxe levarase a cabo mediante un camión con guindastre, establecéndose unha ruta que permita a máxima eficacia na súa recollida. A planta de compostaxe situarase nas inmediacións do Punto Limpo do Grove e disporá dunha zona pavimentada duns 1.250 metros cadrados na cal se establecerán tres zonas diferenciadas: descomposición do material (1.200 metros cadrados), unha segunda zona denominada “trincheira de maduración” e unha terceira de afino do material compostado, onde se separará o compost final do material recirculante. As dúas últimas zonas ocuparán uns 320 metros cadrados. Tamén se terá en conta unha captación perimetral de augas residuais que bordeará toda a zona e todo o perímetro contará cunha zona arborizada.

 

As estimacións realizadas indican que este sistema permitirá realizar un tratamento de 660.000 quilos, dos que se obterán 140.000 quilos de compost, aproximadamente. A implantación deste sistema de recollida presenta innumerables vantaxes, pois permitirá separar materia orgánica e darlle a esta un tratamento máis respectuoso co medio a través da compostaxe e obterá un produto de gran calidade, moi útil para o seu uso en hortas e xardíns do municipio, co conseguinte aforro na compra de fertilizantes. A día de hoxe, o Concello do Grove paga 69,22 euros por tonelada de restos orgánicos que se envían a tratar á incineradora de Cerceda. A diminución deste gasto podería ser considerable e tamén se eliminaría o transporte destes residuos fóra do municipio (aforro en transporte).

 

O orzamento total deste iniciativa é de 47.208,15 euros, dos cales a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia achegará 37.294,44 euros en virtude da liña 2 (actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos) do programa de Axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Isto implica que o Concello do Grove achegará o 21% restante do custo (9.913,71 euros). Ademais da implementación do sistema descrito, a axuda tamén contempla unha pequena contía para a realización dunha campaña de sensibilización con respecto a este novo sistema.

Webcam en Directo

agenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss