galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Lingua

luns, 9 de setembro de 2019
"O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove organiza un obradoiro de portugués dirixido á hostalería e ao comercio"
foto

 

 

A actividade terá lugar o venres 20 de setembro, ás 20.30 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

Cómpre inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal, en colaboración coa Concellería de Promoción Económica do Concello do Grove, organiza un obradoiro gratuíto de lingua portuguesa dirixido principalmente ás persoas que traballan na hostalería e no pequeno comercio da localidade co fin de mellorar as súas capacidades comunicativas no eido da atención á clientela e para que a lingua sexa vista como un factor de calidade e proximidade.

 

Esta actividade, que será impartida pola AGAL, Ass. Galega da Língua, pretende tamén pór en valor a lingua de Galicia, facendo ver as súas vantaxes competitivas e contrarrestando os prexuízos que a infravalorizan. Ao mesmo tempo, quere servir para promover e difundir as potencialidades que o galego nos achega para a internacionalización, facilitando as relacións comerciais, culturais e turísticas cos países lusófonos, nomeadamente con Portugal, o que constitúe, sen dúbida, un factor diferencial de acollida.

 

O obradoiro terá un formato de 120 minutos e nel fomentarase a interacción coas persoas participantes, facilitando a implicación do alumnado para integrar os diferentes aspectos da exposición.

 

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben inscribirse previamente no SNL do Concello do Grove enviando un correo ao seu enderezo electrónico (normalizacionlinguistica@concellodogrove.es), chamando ao teléfono 986 733 190 (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h) ou persoalmente na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (rúa Monte da Vila, 11).

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 19 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss