galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

sábado, 5 de outubro de 2019
"A Festa do Marisco arrinca con máis de 4000 racións consumidas"
foto

 

A Festa do Marisco arrancou volvendo a converter a Praza do Corgo un ano máis no “comedor de Europa”.

 

Dentro do elenco de produtos do mar que se poden saborear nesta Festa, seguen a manter a súa demanda o polbo con 262 racións, as empanadas con 201, os mexillóns coas variedades de ao vapor, en vinagreta ou tigres con 193 racións, o arroz de marisco con 148 ou as ameixas á mariñeira con 127.

 

O resultado final de unidades dispensadas durante a primeira xornada de festa, que se inaugurou ás 19.00 h do pasado xoves, foi de 4130. Resultado moi similar ao obtivo na mesma xornada dos anos anteriores: 4205 (en 2018) e  4171 (en 2017). O que demostra que o primeiro día de festa estase a converter nun importante reclamo.

 

Concertos na Festa do Marisco

Esta afluencia de xente veuse tamén na Carpa de Concertos que iniciou a súa actividade ás 21.30 h do xoves co grupo local Fla-Meco e continuou coa esperada actuación de Los Secretos. A carpa mantivo un cheo total. A estimación de xente coa carpa chea é de 2000 persoas.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 19 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss