galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

xoves, 17 de outubro de 2019
"O Concello do Grove organiza unha nova programación cultural para conmemorar o 24 de outubro, Día das Bibliotecas"

 

O Concello do Grove ofrecerá a vindeira semana unha nova programación cultural para conmemorar o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas,  que contará con novas e variadas propostas de dinamización lectora e na que destacan a colaboración cos centros de ensino da vila.

O luns 21 de outubro no CEIP Valle-Inclán levarase a cabo o Festivaliño de cinema. Trátase dun festival de curtas dirixido a público infantil a partir de 3 anos. Instalarase unha caravana convertida en minicine no propio centro de ensino, onde se proxectará unha selección de curtas infantís. Todo o alumnado do centro poderá participar nesta actividade durante a cal a rapazada entrará por grupos de 20 e, ao finalizar a proxección, entregaránselles unhas papeletas para que poidan votar as películas visionadas.

O 22 e 23 de outubro terán lugar dúas actividades de dinamización lectora contra a violencia de xénero xa anunciadas anteriormente.

O día 22 a biblioteca do Grove acollerá o espectáculo “Elas pintan moito” a cargo de Migallas Teatro, unha sesión de contos a partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron, a través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. Esta actividade está dirixida ao alumnado de infantil do CEIP Valle-Inclán e do CEIP Rosalía de Castro, que se desprazarán ata a biblioteca municipal para asistir a ela.

O mércores 23 de outubro na axencia de lectura de San Vicente desenvolverase o espectáculo “Contando números, cantando cores”, a cargo de Pablo Díaz e dirixido ao alumnado do CEIP As Bizocas e do CEIP Conmeniño. Cantando, contando, traballando e reflexionando sobre a igualdade entre nenos e nenas.

O xoves 24 de outubro a biblioteca municipal do Grove acollerá, a partir das 18.30 h, a actividade “Contos do mundo”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia. Trátase  dunha proposta educativa que pretende achegarlles ás nenas e nenos galegos outras culturas e realidades diferentes, poñendo en valor a riqueza cultural e fomentando unha mirada positiva cara ao diferente. Está dirixida a público familiar e precísase inscrición previa.

Xa o venres 25, na propia biblioteca municipal, desenvolveranse dúas actividades. Ás 18.00 h e con inscrición previa, Anxo Fariña ofrecerá o contacontos ilustrado “Gliz, o pastor de nubes e o pintor de flores”, destinado a público infantil e familiar. Unha narración oral con divertidos xogos motrices e con debuxo en directo do escritor e ilustrador Anxo Fariña.

Ás 20.00 h terá lugar a presentación do libro “La tododería de Silverius Klamp”, de Irene Cortés, xienense afincada no Grove. Unha obra de literatura fantástica onde todo pode acontecer, polo que a presentación irá acompañada de varias sorpresas.

Xa para rematar esta programación, o sábado 26 de outubro, a partir das 11.30 h, desenvolverase na axencia de lectura de San Vicente “A viaxe de Filipa”, dirixida a público infantil e familiar. Trátase dunha sesión de contos de Bandullo Azul: “Logo dunha longa viaxe arredor do mundo, Filipa trae na maleta os contos que aprendeu polos países que visitou por América do Sur, Asía, Oceanía, África, Europa... rematando de novo na casa, Galicia, sempre acompañada de música e moitas anécdotas desta aventura, Filipa e Fran propoñen unha viaxe arredor do mundo de conto!”.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 19 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss