galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

martes, 30 de xuño de 2020
"O CONCELLO DO GROVE ADXUDICA OS SERVIZOS DE PRAIAS"

 

 

Logo dun proceso urxente para poder poñelos en marcha, esta mañá concedéronse a práctica totalidade destes.

 

Esta mesma mañá foron abertas as ofertas e outorgadas as concesións dos servizos de praias para a temporada 2020. Lembramos que este proceso quedara en suspenso debido ao estado de alarma e foi preciso poñelo en marcha con carácter urxente para que comece a funcionar este verán. Deste xeito, a mesa de contratación conseguiu pechar o procedemento adxudicando os quioscos e os servizos lúdicos (hamacas, alugamento de embarcacións recreativas) das praias, quedando tan só deserta a concesión do quiosco da praia de Raieros.

 

Todo isto permitirá que moitos dos concesionarios poidan poñer en marcha a montaxe dos servizos para que estean dispoñibles esta mesma fin de semana, iniciando deste xeito a temporada o antes posible tras o complexo estado que acabamos de vivir. Así pois, as praias do Grove poderán estar funcionando coas condicións habituais ao incorporarse, ademais, 17 socorristas para o servizo das praias principais. Xunto con todo isto, abriranse os baños (nas praias habituais) cunha frecuencia establecida de seis limpezas diarias.

 

Todos os procedementos foron postos en marcha tendo en conta as recomendacións sanitarias e de seguridade e tentarán combinar eses requisitos coa sensación de normalidade no desfrute das praias do Grove requirindo, por suposto, unha concienciación individual da necesidade de tomar precaucións como o mantemento da distancia persoal e evitar as aglomeracións de xente; algo que é posible dada a amplitude e a variedade de praias que existen na nosa localidade.

 

ANUNCIO DE CLASIFICACIÓN DAS OFERTAS DOS SERVIZOS DE PRAIAS>

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xullo | 20 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss