galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Medio Ambiente

venres, 31 de xullo de 2020
"O CONCELLO DO GROVE RECUPERA O ANTIGO CAMIÑO DA GRANXA"
foto

 

Trátase dun dos antigos camiños de acceso á vila que se recupera para o tránsito peonil grazas a unha axuda da Agader.

 

O alcalde do Grove e os concelleiros do Goberno local acudiron esta mañá a revisar o recuperado Camiño da Granxa. Trátase dunha actuación financiada a través da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) cun investimento de 37.000 euros e que permitiu recuperar este antigo camiño dentro dun Plan no que, entre 2020 e 2021, están previstas novas actuacións que seguirán recuperando espazos que foron abandonados ao deixarse os traballos nas terras e ao substituírse polas actuais estradas principais.

 

A falta de uso destes camiños fixo que se perdesen entre a maleza e a deterioración do tempo, perdendo tamén parte da historia local en espazos como o Camiño Real de Ardia, que une esta zona con Feáns, ou outros en Reboredo e Estonllo que constituían, moitas décadas atrás, eixes fundamentais para acceder aos núcleos de poboación e para permitir a chegada a zonas de traballo. Está previsto que durante o resto do ano 2020 se empreguen 16.000 euros nestas actuacións, e outros 16.000 no ano 2021. O Plan de Recuperación de Camiños foi realizado coa colaboración entre a Concellería de Obras e Medio Ambiente e a de Medio Rural, o que deu lugar a un proxecto que permitirá contar, ademais, cun novo atractivo turístico ao abrir novos roteiros de sendeirismo de grande atractivo e historia.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior agosto | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss