galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Benestar Social

venres, 13 de novembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE COLABORA COA ASOCIACIÓN ANDURIÑA PARA SEGUIR INCIDINDO NA ACCESIBILIDADE DA VILA"
foto

 

As zonas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida contarán con carteis para concienciar da necesidade de respectar estes espazos.

 

O Concello do Grove rematou esta semana de colocar unha serie de carteis disuasorios e de concienciación nas prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con mobilidade reducida no centro urbano da localidade. Trátase dunha iniciativa realizada en colaboración coa Asociación Anduriña de Persoas con Discapacidade do Salnés que comezou aplicándose en doce rúas e que consiste nunha serie de carteis con mensaxes claras sobre o prexuízo que provoca ocupar estes espazos de xeito indebido.

 

O alcalde do Grove tamén aproveitou para informar que o habitual control que realiza a Policía Local sobre o correcto uso destas zonas reservadas será reforzado xa que, segundo se ten observado, a concienciación da cidadanía debe traballarse mediante os correspondentes avisos e información, pero tamén a través da sanción.

 

Dende o Concello destácase o importante labor que realiza a Asociación Anduriña na integración e na visibilización das persoas con necesidades especiais e por iso mantén o seu compromiso de seguir teimando para que a veciñanza do Grove tome conciencia do importante que é respectar todas aquelas iniciativas que lle faciliten a vida diaria á cidadanía con diversidade funcional, como por exemplo as prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con limitacións na súa mobilidade.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss