galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

martes, 1 de decembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE DISTRIBÚE VÍDEOS INFORMATIVOS SOBRE A COVID NOS INSTITUTOS DA LOCALIDADE"

A idea xurdiu logo das conversas coas direccións dos IES, onde se destacou a pouca información e as dúbidas existentes entre a rapazada.

 

O Concello do Grove vén de remitirlles aos institutos da localidade dous vídeos de 25 minutos sobre a COVID-19. Estes foron elaborados polo concelleiro de Sanidade e correspóndense a dous contidos concretos: o primeiro é unha explicación da epidemioloxía da COVID, as súas vías de contaxio e o porqué de cada unha das medidas preventivas que se teñen posto en marcha; mentres que no segundo se respononden as preguntas realizadas polo propio alumnado, referidas tanto a medidas de prevención como a situación futuras, ás vacinas e outras inquedanzas. As preguntas foron realizadas previamente polos estudantado e moitas delas foron contestadas no vídeo, mentres que outras foron atendidas por escrito na procura de que ningunha quedase sen resposta.

 

A idea é poder informar a rapazada, xa que as propias direccións dos centros teñen detectado un alto grao de descoñecemento e numerosas dúbidas sobre a situación actual entre as e os adolescentes. Inda que a idea inicial era realizar estas explicacións de xeito presencial, a limitación de capacidade suporía un grande obstáculo para poder realizalas aula por aula, polo que se optou por este formato que, ademais, se considera adecuado para este tipo de público. Debe destacarse que, malia que os vídeos se realizaron con finalidade informativa e divulgativa, están concibidos dende un punto de vista sanitario rigoroso, evitando así os bulos e as falsas novas que crean confusión entre os rapaces e as rapazas.

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss