Os traballos comezaron a semana pasada na Illa da Toxa.
Aproveitando a boa climatoloxía destes días, os membros do Servizo de Emerxencias Municipal do Grove están a realizar labores preventivas nas árbores da localidade. Comezouse pola Illa da Toxa, onde se localizaron piñeiros en mal estado preto da estrada, o que, no caso de se producir un temporal ou refachos de vento, podería supoñer un risco pola súa caída. Así pois, retiraronse árbores mortas no acceso ao Monte Central, na subida aos campos de tiro ao pombiño, no lateral da zona pechada dos burros e no piñeiral de acceso ao marisqueo da Illa, sendo numerosas as árbores en cada unha desas zonas. Os traballos poderanse estender a outras áreas da localidade no caso de ser preciso.