O Concello do Grove, aproveitando a chegada da primavera e do bo tempo, iniciou onte xoves o acondicionamento e a limpeza do espazo natural, cultural e paisaxístico de Punta Moreiras.
Traballadoras e traballadores do Centro de Emprego BATA son quen se encargan de rozar e limpar esta importante contorna co fin de habilitar estes itinerarios de gran valor natural, paisaxístico e etnográfico, deixándoos aptos para o desfrute de toda a poboación.
O acondicionamento e limpeza avanza a moi bo ritmo, polo que a partir desta fin de semana quedará en óptimas condicións para as visitas, actividades de sendeirismo, ocio e goce da contorna natural, paisaxística e cultural, podendo aproveitar así todo o potencial que ofrece esta espectacular contorna dunha forma segura e sen riscos.